A policía local de Vigo detivo hoxe a un home de 35 anos tras
golpear a súa muller. O implicado foi localizado mentres daba patadas a
súa parella, que se atopaba no chan, e a súa explicación ante os
axentes foi: «é a miña muller e fago o que quero».
A posesión na parella é un indicador claro da violencia de xénero. Xestos, comentarios ofensivos e cotiás que tentan minar a autoestima das mulleres e confundilas, sentindo que non son nada sen a súa parella.
A frase: "É a miña muller e fago o que quero", volve mostrarnos todo o traballo que nos queda por facer para desmantelar o machismo que hai detrás de cada acto de violencia de xénero. Moitos varóns, o expliciten ou non, sinten que a súa parella (e todo o que di e fai) lles pertence... Isto é a punta do iceberg.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/09/18/mujer-hago-quiero-alega-detenido-golpear-mujer-vigo/00031379495407234765398.htm
Violar por aburrimento
A violencia que se exerce contra as mulleres no mundo ten dimensións de pandemia e seguramente constitúe unha das violacións sistemáticas máis importantes dos dereitos humanos.
Unha de cada tres mulleres no mundo tivo unha experiencia de agresión física, ou sexual ao longo da súa vida.
A ONU está a facer unha investigación sobre a violencia sexual en Asia. Algúns resultados son escalofriantes:
Case o 75 % dos homes que admitiu ter cometido agresións sexuais dixo que cría ter dereito a manter relacións sexuais coa muller independentemente do seu consentimento. A segunda razón máis frecuente foi estar aburrido, de tal forma que se entende a violación como unha forma de divertimento.
http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/ellas/2013/09/19/violar-por-aburrimiento.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

