O feminismo á ofensiva. O feminismo é provida
O feminismo é provida porque a súa razón de ser é a construcción dunha
sociedade máis xusta e libre que poña o benestar e o ben común no
centro; unha sociedade que non condene as súas mulleres máis pobres, máis novas ou máis vulnerables a morrer desangradas cun aborto clandestino;
unha sociedade que non aspire a domesticar os corpos e as vidas das
persoas en compartimentos moralizantes; que eduque ás persoas novas nos principios do raciocinio, a responsabilidade e a verdade para que
as súas accións non teñan impactos negativos nelas ou en terceiras
persoas; que inclúa, coide e respete de modo xenuino a aquelas
persoas con diversidade funcional; que acepte a libertade de todos e
todas a decidir os seus sentires e os seus desexos;
http://www.publico.es/470829/el-feminismo-a-la-ofensiva-pentalogo-provida
http://www.publico.es/470829/el-feminismo-a-la-ofensiva-pentalogo-provida
A Fiscalía Xeral do Estado non quere prohibir por lei que os/as pais maltratadores non teñan relación cos seus fillos/as
A Fiscalía Xeral do Estado aprobou un informe sobre o
anteproxecto de "Lei de Corresponsabilidade Parental en caso de
Separación, Nulidade ou Divorcio" no que recomenda ao Ministerio de Xustiza que suprima o articulado que impide fixar réxime de estancia,
relación e comunicación cos fillos/as nos casos de sentenza firme
por malos tratos ou por violencia de xénero.
Estamos en contra desta idea da Fiscalía Xeral do Estado. É evidente e constatado por moitos informes que a violencia de xénero na parella ten consecuencias para os/as nenos/as que viven no mesmo fogar. A violencia no fogar é tamén violencia cara os/as nenos/as. Debería partirse sempre desta idea.
A Fiscalía quere facernos pensar que a violencia de xénero é só cousa da parella. Pero a nosa práctica dinnos que a violencia de xénero contamina o contexto no que se produce. Nos dereitos dos/as nenos/as deberían terse en conta que teñen dereito a vivir en paz, lonxe da violencia.
Detrás deste tipo de argumentacións da Fiscalía late a idea da bondade da familia nuclear, a pesar de que estea chea de malos tratos e violencia.
http://www.europapress.es/epsocial/noticia-fiscalia-no-partidaria-prohibir-ley-comunicacion-hijos-casos-violencia-genero-20130926183257.html

O fiscal pide cárcere para un pai vigués por non entregar a un dos seus fillos menores á nai
A muller ten a custodia dos 3 fillos en común, pero non ve a dos deles dende xaneiro de 2010.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/27/fiscal-pide-carcel-padre-vigues/885048.html
Dende o PP Balear ameázase con retirar a custodia dos/as seus/súas fillos/as aos pais que apoien a folga de docentes
Ana María Aguiló, do PP Balear ameaza aos pais que apoian a folga de docentes, dicindo que o tribunal de menores pode retirarlles a custodia.
Os/as docentes das Illes Balears iniciaron este curso counha folga indefinida. As reivindicacións, compartidas pola maioría dos pais e nais, se fundamentan en dous aspectos: recuperar os recursos que os recortes eliminaron e esixir que non se impoñan proxectos educativos politizados, sen o aval dos/as expertos nin o consenso da comunidad educativa.
http://www.primaveravalenciana.info/2013/09/25/pp-balear-amenaza-retirar-custodia-huelga/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)