Polo dereito ao aborto legal, en Ecuador
A nosa total solidariedade coas compañeiras ecuatorianas que están en loita polo dereito ao aborto legal. Unha batalla que xa leva anos en Ecuador. Mulleres diversas, en loita polos seus dereitos.
http://www.lahora.com.ec/index.php/noticias/show/1101574767/-1/Mujeres_se_desnudaron_en_rechazo_a_la_penalizaci%C3%B3n_del_aborto.html#.Ule3joZUPre
Espéranos unha divertida convivencia en Panxón! Apúntate!
Hoxe é o último día para dicir se queredes quedarvos a durmir en Panxón! Animádevos. Imos ter unha convivencia moi divertida, e imos pasalo xenial! A semán que ven aínda vos podedes apuntar para as charlas e Obradoiros. Pero se queredes durmir, é preferible avisar hoxe.
Activistas íspense contra Hidralia, empresa galega que "viola e asasina" en Guatemala
Espidas e cubertas de 'sangue'. Así se presentaron un grupo de
activistas feministas diante da sede dunha das empresas que os irmáns
Castro Valdivia posúen.
Este foi un acto realizado fai un ano. A nosa pregunta é: por que estes actos non teñen a mesma repercusión que os de Femen?
Este foi un acto realizado fai un ano. A nosa pregunta é: por que estes actos non teñen a mesma repercusión que os de Femen?
Consternación polo asasinato dunha menor de 14 anos a mans da súa ex-parella
A violencia de xénero non ten idade. Por que? porque as relacións desiguais non teñen idade. Porque o machismo e a posesión están presentes de modo cotiá en todo tipo de relacións entre homes e mulleres.
A idea de que a muller ou a moza son da propiedade da súa parella masculina, está metida nunha sociedade que non da avanzado, que non se da soltado dunhas relacións enfermizas entre homes e mulleres.
Enlace da nova: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/08/catalunya/1381188389_813752.html
Sen embargo, esta rapaza asasinada non aparecerá nos datos oficiais de violencia de xénero, porque é menor de idade... Por ese motivo, na Rede recomendamos unha web moi fiable para consultar realmente os datos de violencia de xénero: Red feminista.
Na macroenquisa do Instituto Nacional de Estadística, só "contan" as mulleres asasinadas de 18 e máis anos. Podedes comprobalo aquí:
http://www.observatorioviolencia.org/upload_images/File/DOC1329745747_macroencuesta2011_principales_resultados-1.pdf

Suscribirse a:
Entradas (Atom)