Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO

Normativa:

O prazo de presentación de solicitudes mantense aberto ata o 5 de xuño de 2014.

Solicitantes:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
  • Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
  • Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
  • Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.

Modalidades:

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2014 e xuño de 2015, segundo a modalidade:
  • Estadías en zonas costeiras.
  • Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.
  • Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.

Servizos incluídos:

  • Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación
  • Póliza colectiva de seguros
Nos viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.

Prezos por persoa das diferentes quendas:

A previsión de prezos para a tempada 2014/2015 é a seguinte:
8 días (7 noites)10 días (9 noites)15 días (14 noites)15 días combinados (14 noites)
DestinosT. baixaT.altaT. baixaT.altaT. baixaT. alta
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana166,03 €203,02 €212,72 €256,09 €308,24 € 365,40 €
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte)141,77 €185,87 €14,65 €224,08 €251,07 €  312,15 € 
Baleares182,75 €236,55 €233,68 €293,87 €322,84 €396,80 €
Baleares (sen transporte)141,77 €185,87 €174,65 €224,08 €
Canarias314,23 €387,44 €551,94 €585,90 €
Canarias (sen transporte)185,87 €224,08 €

Circuitos culturais (6 d/5 n)258,58 €
Turismo de Natureza (5d/4n)253,97 €
Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 13,45 € por noite para os destinos de península e Baleares, 15,52 € por noite para Canarias e 18,63 € por noite para os destinos de viaxes Culturais e Turismo de Natureza, suxeito sempre a dispoñibilidade de cuarto individual.
As quendas de Nadal e Fin de ano teñen un suplemento de 10,35 €
Temporada baixa: As quendas que se inicien dentro dos días do 1 ao 17 de decembro de 2014 e do 1 ao 31 de xaneiro de 2015.
Temporada alta: Quendas que se inicien en datas distintas ás anteriores.
Os destinos a Canarias, Circuitos culturais, Turismos de natureza consideraranse sempre temporada alta.
  • Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais durante 6 días (5 pernoctacións) en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica.
  • Turismo de natureza: Realizaranse en quendas de 5 días (4 pernoctacións) en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza.

MASTER CLASS - NOVIOlencia

8 DE MAIO 
CENTRO CÍVICO CASCO VELLO (r/ Oliva, 12)
HORA: 18.00-20.00

OBXECTIVOS XERAIS
- Descubrir a xénese da violencia de xénero dende a adolescencia.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Riscos do uso das redes sociais e a súa vinculación co maltrato.

METODOLOXÍA
- Aforo: Exposición de portas abertas.
- Tempo de duración estimado: 60 minutos.
- Auxilios didácticos: Cañón de video.
- Exposición verbal acompañada de visualización temática.
- Discusión relacional: Intercambio e posta en común das ideas e conceptos analizados na master class.

CRONOGRAMA
- Duración estimada e cronograma:
- Ponencia: 45 minutos
- Mesa debate: 15 minutos.





Liberada unha rapaza tras ser comprada por 1.500 €

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/04/29/liberada-joven-comprada-1500/1013809.html

As consecuencias do aborto inseguro

"Aborto clandestino significa que 50.000 mulleres recurrirán a instrumentos punzantes ou ó uso de sustancias peligrosas por vía oral o perfusión vaxinal. O catálogo de métodos para interrumpir o embarazo é coñecido e as súas secuelas tamén."

http://www.huffingtonpost.es/angeles-alvarez/las-consecuencias-del-aborto_b_5238243.html

Prisión para o coruñés acusado de asasinar a súa muller

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/02/prision-corunes-acusado-matar-mujer/1015290.html

Concentración polo asasinato machista

A COORDENADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA
CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN VIGO POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA 

 Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Inma e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.


CONCENTRACIÓN DE REPULSA DA VIOLENCIA MACHISTA ESTE VENRES 2, ÁS 20H. NO MARCO, RÚA DO PRÍNCIPE EN VIGO.