Mary Wollstonecraft. A pioneira
Que sabemos desta humanista inglesa? Publicou Vindicación dos dereitos da muller, pero tivo que loitar durante toda a súa vida, entre a bancarrota e unha sociedade conservadora que non valoraba o seu traballo.
Aquí tedes un artigo sobre a súa vida e o seu traballo,
http://www.pikaramagazine.com/2014/09/mary-wollstonecraft-la-pionera/
Adhesión comunicado contra a violencia sexual
A iniciativa de Fundación Mujeres, un grupo de organizacións feministas expoñen ao Ministerio de Igualdade a adopción dunha serie de medidas en materia de violencia sexual que teñen por obxectivo a diminución do número de violacións e agresións sexuais que se producen anualmente no noso país e o establecemento de medidas para un mellor apoio e protección ás vítimas, especialmente no momento da denuncia.
http://fundacionmujeres.es/news/view/medidas_contra_la_violencia_sexual.html
Recollida de adhesións e propostas para a elaboración dun Comunicado, dirixido ao Ministerio de Igualdade, para a posta en marcha de medidas de apoio ás victimas da violencia sexual. Consulta o Comunicado e accede ao formulario de proposta e adhesión.
https://docs.google.com/forms/d/13qlIi9w8-15V7CVWiPpeEq9b3BfeJJUPGli_WCkSv_k/viewform
http://fundacionmujeres.es/news/view/medidas_contra_la_violencia_sexual.html
Recollida de adhesións e propostas para a elaboración dun Comunicado, dirixido ao Ministerio de Igualdade, para a posta en marcha de medidas de apoio ás victimas da violencia sexual. Consulta o Comunicado e accede ao formulario de proposta e adhesión.
Congreso Hildegart Rodríguez Carballeira
Este
ano conmemórase o centenario do nacemento de Hildegart Rodríguez Carballeira. Co
gallo deste e dentro das actividades que se están a organizar en Ferrol para
salvar o Ateneo, a xente que o xestiona organiza un congreso sobre a figura de
Hildegart e outras mulleres da época. Os actos Terán lugar en Ferrol os días 6,
7 e 8 de decembro. A información dispoñíbel ata o momento está no seguinte
enlace:http://bdh.bne.es/bnesearch/Search.do?
Cadaleitos para reivindicar unha acción política contundente contra a violencia machista
Unha ringleira de cadaleitos coa lenda “Non á violencia machista” diante do Parlamento Galego foron o símbolo dunha mobilización que reclamou ao PP unha acción de goberno contra a violencia de xénero.
Proxecto emprendedoras
Esta convocatoria ten por obxecto a participación no proxecto Fomento do Emprendemento Feminino, a Innovación das PEMEs e Emprendedoras Galegas e a Plataforma de Emprendemento Feminino.
Este programa é desenvolvido pola Fundación EOI e a Secretaría Xeral da Igualdade.
O obxecto da operación é potenciar e fortalecer ás emprendedoras galegas e PEMES, a iniciativa empresarial feminina e o emprendemento innovador feminino en Galicia. En concreto, con carácter xeral, o obxectivo céntrase en realizar unha análise e diagnose do estado de situación das emprendedoras e PEMES e do emprendemento feminino de Galicia e contribuír ao seu desenvolvemento a través de accións de consultoría e mediante o desenvolvemento dunha plataforma con posibles diferentes funcionalidades e de comercialización de produtos con orixe en mulleres emprendedoras e innovadoras galegas: “Plataforma de Emprendemento Feminino”, a través de diferentes iniciativas vertebradas arredor das oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías, impulsando tamén a innovación e competitividade e ofrecendo servizos de valor ás mulleres emprendedoras.
A través de consultorías individualizadas realizaranse as seguintes accións:
- Analizarase o modelo de negocio de cada empresa, identificación dos procesos de negocio críticos para a mellora da produtividade nas mesmas.
- Concreción das solucións tecnolóxicas de alto impacto nos procesos de negocio críticos identificados.
- Análise do mercado de provedores de tecnoloxía e dos produtos que se axustan ás características funcionais.
- Implementación destas solucións en materia de I+D+i nas empresas participantes como modelo de mellora da súa actividade empresarial.
- Acompañar ás PEMES beneficiarias no despregamento da Plataforma, axudándoas a comercializar os seus produtos.
O prazo límite de presentación de solicitudes remata o vindeiro 8 de outubro de 2014.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


