Detido un veciño de Burela por un suposto delito continuado de abusos sexuais a súa fillastra

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/09/18/detenido-vecino-burela-supuesto-delito/1096304.html

Quedan en libertade imputados polo video sexual de Monforte

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/09/18/quedan-libertad-imputados-video-sexual/1096353.html

Catro anos de cárcere por abusar da filla da súa parella en Pontevedra

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/09/18/condenado-4-anos-carcel-individuo/1096368.html

A fiscal rebaixa a 3 anos a pena ao acusado de intentar estrangular a súa parella en Vigo




Tentou estrangular a súa parella, e foi acusado por iso de tentativa de asasinato; pero logo do xuízo oral, a fiscal redúcelle a pena a 3 anos por lesións. Cremos que a fiscalía debe ser máis rigurosa na petición de penas por violencia de xénero, e seguimos sorprendéndonos polo "barato" que lles sae aos varóns agredir ás mulleres. Debemos contemplar a violencia de xénero como un dos principais problemas que temos como sociedade, e a loita dentro do ámbito xudicial debe ser prioritaria. Pedimos xustiza, e que os intentos de asasinato sexan chamados polo seu nome.

Na nosa práctica diaria estamos asistindo a sentenzas alarmantes, nas que queda patente o pouco esforzo por parte do sistema xudicial de atallar a violencia de xénero.

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/09/17/fiscal-rebaja-3-anos-pena/1095477.html?utm_medium=rss

Xa podedes inscribirvos no: VI ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES



MIGRACIÓNS, VIOLENCIAS, AMORES PATRIARCAIS, ERÓTICA DO COIDADO, FEMINIZACIÓN DA POBREZA…


PARTICIPAN:

CARMEN VERDE DIEGO, 
 TAREIXA LEDO REGAL, 
MAR F. CENDÓN, EVA GIL RODRÍGUEZ


3 E 4 DE OUTUBRO

RESIDENCIA TEMPO LIBRE DE PANXÓN 









Un ano máis poñemos en marcha o VI ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES, que se celebrará na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) durante os días 3 e 4 de outubro de 2014.

Este ano contaremos coa ponencia de Carmen Verde Diego, e para a dinamización dos obradoiros contaremos con Tareixa Ledo Regal, Mar F. Cendón e Eva Gil Rodríguez.

Agardamos a vosa participación e agradecemos a súa difusión para que todas as mulleres que queiran poidan participar neste espazo, no que poderemos crear novas formas de participación entre todas e novas estratexias contra a violencia de xénero.


Custe de inscrición e estancia 3€
(existe a posibilidade de asistir só o sábado)
As prazas son limitadas, admitiránse ás participantes por orde de inscrición, e previo pago da cota na oficina da Rede ou na conta de Novagaliciabanco nº: 2080 5000 683040281297

Podedes enviar a ficha de inscrición cuberta, ou os datos que vos pedimos nela ó correo redemediadorasvigo@hotmail.com


+info 
tel. 986 22 23 28  // 670 453 431


Información dos obradoiros:



           -     Tareixa Ledo:                       A erótica do coidado e o coidado da erótica

(Licenciada en Ciencias Políticas, experta en xénero, terapia de reencontro e sexualidade.)

Obradoiro vivencial teórico-práctico, para ir conectando coas sensacións corporais, coas emocións e os pensamentos. Son exercicios para  traballar a linguaxe do propio corpo, sentirme ben na miña pel, coidando da nosa erótica é recuperar todas as dimensións do noso corpo, tamén desde o pracer.


- Mar F. Cendón:                    Por que o chaman amor cando queren dicir patriarcado?

(Licenciada en Ciencias Políticas e Máster en Estudos de Xénero. Traballou na Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo durante dous anos e medio, onde segue a colaborar de forma activa. Ten experiencia como docente en formación en igualdade e imparte obradoiros con perspectiva de xénero en grupos de mulleres.)

Reflexionar sobre o noso concepto do amor. Descubrir as trampas que artella o amor romantico para a autonomia das mulleres. Evidenciar o feito de que a heterosexualidade e un rexime político…


- Eva Gil Rodríguez:                   “Empobrecendo mulleres no norte e no sur”

(Especializada en migracións)


Feminización da pobreza: en vez de pensar no sur, que situación teñen as mulleres que deciden vir a este norte tamén pobre?



ACCIÓN COFINANCIADA POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE DA VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA: