http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/detenido-profesor-primaria-corrupcion-menores/1111079.html
Un xoven de 17 anos agrede a súa moza de 15 en Valencia
Cremos que esta nova merece unha reflexión sobre o sexismo na xente nova e a incidencia da violencia de xénero entre os mozos. Aínda que teñamos leis (case) igualitarias, mentres os estereotipos de home e muller continúen sendo tan sexistas, temos difícil acabar coa violencia. Queremos lembrar que son moitas as mulleres que son agredidas cando queren rematar unha relación sentimental, o que nos mostra que a posesividade continúa imperando para moitos homes na súa idea do que é unha relación de parella.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/joven-17-anos-agrede-novia/1111215.html
http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/joven-17-anos-agrede-novia/1111215.html
“VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”
Informamos,
por si é do voso interese que o vindeiro mércores dia 15 comenzará na A.V.V.
VAL DO FRAGOSO (fronte o Estadio de Balaidos), un curso GRATUITO, titulado
“VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”, o curso consideramos é moi
interesante para tódalas mulleres que queiran aprender a vivir dun xeito
positivo esta nova etapa na vida da muller.
Datos do
curso:
TÍTULO:
“VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”
LUGAR DE
IMPARTICIÓN: A.V. VAL DO FRAGOSO
DATA DE
COMENZO: MÉRCORES 15 DE OUTUBRO
HORARIO: De 17:00
a 19:00 hs
INSCRICIÓNS: Na
propia asociación ou nos teléfonos 986 24 20 29/ 645 839 846
PREZO: GRATUITO
Xuntos polo nadal
A
Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política
Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e
convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa
sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por
outras circunstancias.
Prazas e destinos
Ofértanse
un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
-
120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, para as
persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
-
120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán para as
persoassolicitantes das provincias de Ourense e A Coruña.
Datas e servizos
Este
programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de
xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos:
- Estancia
na residencia durante 11 días (10 noites).
- Aloxamento,
en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
- Desprazamento
en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago,
A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de
tempo libre e viceversa.
- Actividades
de animación sociocultural.
A
recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola
mañá e o regreso o dia 2 de xaneirodespois do xantar.
Persoas beneficiarias:
Para
beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
- Ser
maior de 60 anos (telos cumpridos no momento en que remate o prazo de
presentación de solicitudes).
- Estar
empadroado nalgún dos concellos galegos.
- Ter que
pasar só/a as datas do Nadal.
- Valerse
por si mesmo enon padecer enfermidade infecto - contaxiosa
activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que
poidan alterar a convivencia
- Non
estar acollido/a en ningún centro residencial.
Para
a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas
que:
- realmente
vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
- teñan
máis idade.
- teñan
un menor nivel de ingresos económicos.
- non
participaran en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal nin este
ano no de Benestar en balnearios ou nos de Termalismo e/ou Vacacións do
IMSERSO.
Solicitudes:
As
solicitudes, acompañadas do informe social e a declaración responsable,
formularanse nos modelos deseñados ao efecto e estarán debidamente cubertas e
asinadas pola persoa que corresponda en cada caso.
Poderanse presentar ata o 15 de novembro, incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).
Custo da praza:
As
persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM
(532,51 euros/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que
aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da
estadía coa achega de 50 €.
Unha
vez efectuado o ingreso de dito importe, só se lles efectuará a súa devolución
se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días
de antelación ao seu comezo ou o día anterior ou o mesmo día en caso de forza
maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que
acreditar coa solicitude da devolución. Non se lles devolverá ningún importe se
abandonan a estadía ou non se encontran nos supostos anteriores.
Os gastos
de desprazamento desde o domicilio dos seleccionados ata o lugar que
se sinale de saída nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo,
Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa
participante.
Documentación:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa
asistencia e, no momento de incorporarse ao programa ir provistas de:
- DNI ou
pasaporte en vigor.
- Informe
médico actualizado no caso de ter algunha limitación,
alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (control
sanitario tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio etc).
De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo
de atención especial.
- Tarxeta
sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para
o transcurso da estadía.
- Roupa
adecuada e cómoda.
Para mais información pódense dirixir a:
- Teléfono
Social 900 333 666 (de forma gratuíta).
- Páxina
web da Consellería de Traballo e Benestar: http://benestar.xunta.es
- Os
servizos sociais comunitarios dos concellos e/ou
departamentos de traballo social dos centros de saúde ou
hospitais.
- As xefaturas
territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar,
dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.
III PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS
Subvencionado pola Concellería de Igualdade.
Para obras de narrativa en galego dun máximo de 100 palabras, escritas por mulleres maiores de 16 anos de calquera nacionalidade ou cultura (axuntamos bases).
Bases e formulario de participación na nosa web www.mulleresprogresistas.org
ASOCIACIÓN MULLERES PROGRESISTAS
Policarpo Sanz, 12-14 2º B 36202 Vigo
Tel. 986 220 660 / tel. e fax: 986 434 874
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

-page-002.jpg)
-page-001.jpg)