O Xulgado de Violencia de Vigo paralizado polo embarazo duhna xuíza!!

  
Esta situación provoca unha gran indefensión nas vítimas de violencia de xénero, xa que estes casos son os que se atenden a última hora da mañá pola xuíza de garda, atendendo só os casos que pasan o filtro de “máis importantes”, o resto teñen que esperar a que a xuíza regrese.
Que o xulgado non teña un xuíz substituto por falta de orzamento revela a nimiedade con que a Xunta se toma a violencia de xénero. Este ano as mulleres asasinadas ascenden a 60, a inconscienca da sociedade e a falta de compromiso dos poderes públicos provocan a frialdade no tratamento dos casos, estará a sociedade e os poderes públicos acostumados ós asasinatos de mulleres?

A Rede realiza acompañamentos ós xuízos de violencia. Un día normal, as mulleres son citadas ás 9.30 para a vista oral, e poden estar esperando ata as 15.00 da tarde a que lles tomen declaración. Os tempos nos Xulgados son eternos, o que potencia a ansiedade e inseguridade das propias mulleres que teñen que esperar horas para poder relatar os actos denunciados. E agora temos que sumar a incapacidade da Xunta para poder substituir a xuíza do Xulgado que non é outro que o de violencia, o que provocará máis esperas...non é violencia mesma cara as mulleres alargar os procesos? Non é violencia cara ás mulleres non dar prioridade a estes casos nos que a vida das mulleres está en xogo? Non é violencia cara ás mulleres alongar os tempos de espera?.

Se o suxeito pasivo dos delitos, fosen outros grupos a sociedade tería outro punto de vista pois existe unha falta de unidade no que respecta á discriminación contra as mulleres, lembremos que a violencia de xénero só foi delito a partir do 2003. A única solución é provocar un cambio de mentalidade e de concienciación social, empezando polos estamentos públicos.

Partes do artigo:
"las víctimas y testigos tienen que esperar varias horas hasta que la jueza de guardia termina sus tareas y asume el mando del tribunal a última hora de la mañana. Es entonces cuando interroga a los detenidos, celebra los juicios penales o dicta órdenes de protección porque es lo más urgentes."
«Queda muy bonito decir que estos tribunales defienden a las víctimas de malos tratos pero la realidad es distinta»
"La secretaria del juzgado teme que la situación se prolongue hasta «finales de año» porque «ya no hay presupuesto»."

Dende a Rede advertimos que a situación nos Xulgados empeora ano tras ano...

A qué esperas (para ser feminista)?


Recomendamos este artigo de Faktoria Lila, na que mostra que: se es unha muller, un día, vas a acabar descubrindo que vives nun mundo de homes. Que o mercado laboral, a sanidade, os bares, os estadios, os xinasios, os libros, os discos, os bancos, os teatros, as aulas, os despachos, as noites, os descansos, as comisarías, os medicamentos, os disfraces, os coches, e os síntomas do infarto, todo, está feito para eles. Porque eles teñen os privilexios....

http://www.faktorialila.com/index.php/es/portada/82-faktoria-lila-web/blog/171-a-que-esperas 

Enfréntase a 20 anos de cárcere por descortizar a súa exmoza en Barcelona

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/enfrenta-20-anos-descuartizar-exnovia/1110959.html

Detido un profesor de primaria por corrupción de menores

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/detenido-profesor-primaria-corrupcion-menores/1111079.html

Un xoven de 17 anos agrede a súa moza de 15 en Valencia

Cremos que esta nova merece unha reflexión sobre o sexismo na xente nova e a incidencia da violencia de xénero entre os mozos. Aínda que teñamos leis (case) igualitarias, mentres os estereotipos de home e muller continúen sendo tan sexistas, temos difícil acabar coa violencia. Queremos lembrar que son moitas as mulleres que son agredidas cando queren rematar unha relación sentimental, o que nos mostra que a posesividade continúa imperando para moitos homes na súa idea do que é unha relación de parella.

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/joven-17-anos-agrede-novia/1111215.html

“VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”

Informamos, por si é do voso interese que o vindeiro mércores dia 15 comenzará na A.V.V. VAL DO FRAGOSO (fronte o Estadio de Balaidos), un curso GRATUITO, titulado “VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”, o curso consideramos é moi interesante para tódalas mulleres que queiran aprender a vivir dun xeito positivo esta nova etapa na vida da muller.

Datos do curso:

TÍTULO: “VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”
LUGAR DE IMPARTICIÓN: A.V. VAL DO FRAGOSO
DATA DE COMENZO: MÉRCORES 15 DE OUTUBRO
HORARIO: De 17:00 a 19:00 hs
INSCRICIÓNS: Na propia asociación ou nos teléfonos 986 24 20 29/ 645 839 846

PREZO: GRATUITO

Xuntos polo nadal

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos
Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
- 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán para as persoassolicitantes das provincias de Ourense e A Coruña.
Datas e servizos
Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos:
  • Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
  • Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
  •  Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneirodespois do xantar.

Persoas beneficiarias:
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
  1. Ser maior de 60 anos (telos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes).
  2. Estar empadroado nalgún dos concellos galegos.
  3. Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  4. Valerse por si mesmo enon padecer enfermidade infecto - contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia
  5. Non estar acollido/a en ningún centro residencial.
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
  • realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
  • teñan máis idade.
  • teñan un menor nivel de ingresos económicos.
  • non participaran en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal nin este ano no de Benestar en balnearios ou nos de Termalismo e/ou Vacacións do IMSERSO.
Solicitudes:
As solicitudes, acompañadas do informe social e a declaración responsable, formularanse nos modelos deseñados ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda en cada caso.

Poderanse presentar ata o 15 de novembro, incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

Custo da praza:
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.
Unha vez efectuado o ingreso de dito importe, só se lles efectuará a súa devolución se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días de antelación ao seu comezo ou o día anterior ou o mesmo día en caso de forza maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que acreditar coa solicitude da devolución. Non se lles devolverá ningún importe se abandonan a estadía ou non se encontran nos supostos anteriores.
Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos seleccionados ata o lugar que se sinale de saída nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.
Documentación:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa ir provistas de:
  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (control sanitario tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa adecuada e cómoda.
Para mais información pódense dirixir a:
  • Teléfono Social 900 333 666 (de forma gratuíta).
  • Páxina web da Consellería de Traballo e Benestar:  http://benestar.xunta.es 
  • Os servizos sociais comunitarios dos concellos e/ou departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais.
  • As xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.