Turquía quítalle ás mulleres e aos pobos os dereitos que gañaran con esforzo
Represión
xeneralizada de todas as disidencias
Logo do falido
intento de golpe de estado do 15 de xullo de 2016, en Turquía estase sufrindo
unha represión xeneralizada. A purga posterior ao golpe prodúcese nun momento
en que o ataque de Turquía contra as liberdades de expresión, de asociación e
de asemblea xa estaban en marcha.
Pecháronse medios
de comunicación e casas editoriais, incluíndo a primeira axencia de noticias
sobre mulleres e dirixida por mulleres, JINHA, con moitas canles de televisión,
estacións de radio e xornais. Dende o falido intento de golpe de estado de
xullo pecháronse máis de 160 medios de comunicación e máis de 130 xornalistas
están na actualidade en prisión preventiva.
A detención, nos
últimos días, de 12 deputad@s do HDP (Partido Democrático dos Pobos), da
esquerda kurda, amosa a recente intensificación da masacre de disidentes no
medio do estado de excepción turco.
Detención de
alcaldes e alcaldesas kurdas, substituídos por administradores non electos
O 11 de setembro,
arrestaron 37 alcaldes de municipios kurdos e designáronse administradores non
electos en 35 municipios. O primeiro que fixeron os administradores nestes
municipios foi pechar os departamentos policiais de mulleres e os centros de
mulleres. Os xefes dos departamentos de mulleres estiveron baixo custodia
durante 26 días e interrogáronos sobre actividades de igualdade de xénero.
Purga dos servizos
públicos de sanidade e educación
As purgas que
comezaron primeiro cos medios de comunicación, xornalistas e académicos
estendéronse aos funcionarios públicos que traballan principalmente nos
servizos de educación e sanidade.
Máis de 100.000
traballadores dos servizos públicos foron despedidos ou suspendidos,
principalmente nos departamentos de sanidade, educación e xustiza. Os
traballadores rasos están sendo sancionados simplemente en base a súa orixe
étnica e ás súas opinións políticas. Estase destruíndo o sustento de centos de
milleiros de traballadores e das súas familias sen ningunha proba.
Esta purga masiva
no sector público ten un impacto directo na vida das mulleres de dúas maneiras:
1. As
mulleres vense afectadas de forma directa polos despedimentos e suspensións, xa
que traballan principalmente nos sectores de sanidade e educación, onde se
están facendo purgas agora.
2. As
mulleres vense afectadas de forma indirecta, xa que fan uso das prestacións dos
servizos que prestan os traballadores de sanidade e de educación.
Suspensión
arbitraria das actividades das ONG
O 11 de novembro, o
Ministerio do Interior anunciou a suspensión de 370 actividades de varias ONG
en 39 provincias, de acordo coa Lei de estado de emerxencia. Dende o anuncio,
pecháronse sen previo aviso as oficinas das asociacións de mulleres, que loitan
contra todo tipo de violencia contra as mulleres e contra os matrimonios
infantís.
Pecháronse as
oficinas da Asociación de Avogados Progresistas (ÇHD) e da Asociación de
Avogados pola Liberdade (ÖHD), que representan as vítimas da tortura e da
discriminación. Ao mesmo tempo, a tortura e os malos tratos nas prisións
intensifícase.
As mulleres e as
súas organizacións son o principal obxectivo
Entre as ONG
pechadas atópanse o KJA (Congreso de Mulleres Libres) e a Rainbow Women’s
Association, grupos que participan activamente na MMM. VAKAD (Van Women’s
Association), Selis Women’s Association, Mu? Women’s Roof, Bursa Panay?r
Women’s Solidarity Association, Ad?yaman Women’s Life Association e Ceren
Women’s Associations son organizacións feministas coñecidas e comprometidas coa
loita contra a discriminación de xénero e contra a violencia sexual.
A suspensión das
actividades das organizacións de mulleres é un ataque directo ás loitas das
mulleres contra a violencia e amosa a vontade de destruír a organización do
poder das mulleres./p>
Todas estas
suspensións arbitrarias violan os dereitos á liberdade de expresión e de
asociación, garantidos polas convencións internacionais ratificadas por
Turquía. O estado de emerxencia anula as obrigas de Turquía con respecto ao
dereito internacional e anula a liberdade e os dereitos que as mulleres
obtiveron a través de duras loitas.
Como MMM facemos un
chamamento a todas as mulleres para que amosen a maior solidariedade e
sororidade posible, contra este réxime turco masculino, coercitivo, opresivo e
horrible.
Pedímoslle ás
mulleres da MMM que se mobilicen para:
· Organizar
mulleres e homes nas súas organizacións e coordinadoras locais.
· Activar
grupos de presión internacionais a través de instrumentos internacionais como
Mulleres da ONU, o Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller
(CEDAW), o Lobby Europeo de Mulleres etc., así como os nosos movementos aliados
e centros sindicais.
· Organizar
delegacións internacionais para visitar mulleres presas e organizacións de
mulleres pechadas de forma ilegal.
· Organizar
calquera acción de rúa ou virtual empregando todas as ferramentas de
comunicación dispoñibles.
· Inventar
calquera acción posible para visibilizar a inxustiza e as accións criminais do
goberno turco, así como a ameaza do desenvolvemento da extrema dereita en
Europa.
· Amosar
as resistencias e alternativas que as mulleres kurdas e turcas están
organizando.
· Facer
presión nos nosos propios gobernos en Europa para que actúen política e
economicamente contra as políticas de Erdogan.
Apelamos ao goberno
turco a que:
· Libere
e reincorpore os alcades electos de forma democrática e a todos os presos
políticos detidos de forma ilegal debido ás súas opinións.
· Levante
as suspensións arbitrarias impostas ás actividades das ONG.
· Respecte
os valores democráticos e a liberdade sindical establecidos nos convenios da
OIT, así como noutras cartas europeas e internacionais.
· Respecte
e protexa os dereitos e liberdades, e poña fin de forma inmediata ao estado de
emerxencia e aos decretos executivos empregados como ferramenta de represión
dos movementos.
Facemos
un chamamento urxente á vosa solidariedade!
Seguiremos
marchando ata que todas as mulleres sexamos libres!
--
'As mulleres decidimos'
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
Suscribirse a:
Entradas (Atom)