Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190102/AnuncioG0244-191218-0002_gl.html


Obxecto
A finalidade das axudas establecidas na Lei orgánica é proporcionar apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na Lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.
Tipos de axudas
1.       Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na CA de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego -axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero-.
2.       Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacer a indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Requisitos:
Axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro de medidas de protección integral contra a violencia de xénero:
a.       Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero.
b.       Non convivir co agresor.
c.        Estar empadroada e residir en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d.       Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do informe do Servizo Público de Emprego.
e.        Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75% do SMI vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Non poderán ser beneficiarias as mulleres que, reunido estes requisitos, percibiran esta axuda con anterioridade.
Axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: Poderán ser beneficiarias destas indemnizacións as mulleres vítimas de violencia de xénero e todas as persoas que dependan económica e/ou asistencialmente dunha muller que sufra violencia de xénero nas cales concorran as seguintes circunstancias:
1.       Estar empadroada e ter residencia en calquera dos concellos de de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia.
2.       Ter dereito á percepción dunha indemnización, por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou tribunal con sede en Galicia.
3.       Que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento.
4.       Que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida. Entenderase que se produce unha situación de precariedade económica cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a persoa beneficiaria divididos polo número de membros que a compoñen, non superen o importe do IPREM vixente.
5.       Non convivir co agresor.
Contía:
·         Axudas
1.       Con carácter xeral, equivalente a seis meses de subsidio por desemprego: 2.581,62 € (6x430,27€).
2.       Equivalente a 12 meses de subsidio por desemprego (5.163,24 €):
a.       Cando a vítima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a.
b.       Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
3.       Equivalente a 18 meses de subsidio por desemprego (7.744,86 €):
a.       Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.
b.       Cando a vítima tivese ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ela ou a persoa dependente.
4.       Equivalente a 24 meses de subsidio por desemprego (10.326,48 €):
a.       Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ela ou algunha das persoas dependentes.
b.       Cando a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Estas axudas serán compatibles con calquera das previstas na Lei 35/1995, do 11 de decembro, de Axudas e Asistencia ás Vítimas de Delitos Violentos e contra a Liberdade Sexual, así como con calquera outra axuda económica de carácter autonómico ou local concedida pola situación de violencia de xénero.
·         Indemnización:
A contía da indemnización que se aboará será a fixada pola resolución xudicial correspondente que quede pendente de pagamento tras a declaración de insolvencia do obrigado a esta, cun máximo de 6.000 €, excluídos xuros de mora, por cada persoa beneficiaria.
Responsabilidades familiares:
Existen responsabilidades familiares cando a beneficiaria teña ao seu cargo polo menos a un familiar, por consanguinidade ou afinidade ata o 2º grao inclusive, con quen conviva. (Organigrama de parentesco). Non se considerarán a cargo os familiares con rendas superiores ao SMI, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
As responsabilidades familiares deberán concorrer no momento da solicitude, excepto no suposto de fillas e fillos que sexan nados dentro dos trescentos días seguintes, que procederá revisar a contía da axuda percibida.
Entenderase que existe convivencia cando esta se encontre interrompida por motivos derivados da situación de violencia de xénero.
Non será necesaria a convivencia cando exista obriga de alimentos en virtude de convenio ou resolución xudicial e presumirase que existe, salvo proba en contrario, cando os familiares teñan a condición de beneficiarios no documento de asistencia sanitaria da Seguridade Social no documento que apareza expedido a nome da vítima.
Compatibilidade da axuda coa PNC:
Esta axuda económica será compatible coa percepción das PNC de Invalidez e de Xubilación da Seguridade Social, e non terá, en ningún caso, a consideración de renda ou ingreso computable a efectos da percepción destas. (Disp. final 1ª do RD 570/2011)
Documentación:
Axudas:
·         Documentación acreditativa da condición de violencia de xénero:orde de protección a favor da vítima, cando esta estea en vigor; coa sentenza condenatoria definitiva, ou definitiva e firme, que conteña medidas de protección vixentes que acrediten a actualidade da situación de violencia e, excepcionalmente, co informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a denunciante é vítima de violencia de xénero, mentres non se dite a orde de protección
·         Se a solicitante ten ao seu cargo polo menos un familiar por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao, achegará a seguinte documentación:
a.       Copia cotexada do libro de familia ou doutro documento que acredite os vínculos familiares da solicitante coas persoas ao seu cargo.
b.       Se houbese convivencia cos familiares a cargo presentarase fotocopia cotexada do documento de asistencia sanitaria da Seguridade Social da vítima en que se recoñeza a condición de beneficiarios/as dos/as familiares ao seu cargo, ou calquera outro documento que acredite a convivencia (informe social, certificado de empadroamento conxunto...).
c.        De non existir convivencia, presentarase fotocopia cotexada do convenio ou resolución xudicial en virtude dos cales exista obriga de alimentos.
d.       Nos casos de menores acollidas/os a cargo, achegarán copia cotexada da resolución administrativa/xudicial acreditativa da dita situación nos supostos en que esta fose expedida por unha Administración distinta á Xunta de Galicia.
·         Copia compulsada da certificación acreditativa da discapacidade da solicitante e/ou das/os familiares a cargo ou menores acollidas/os, non expedidos pola Xunta de Galicia.
·         Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, da solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio...).
Indemnización:
a.       Testemuño da resolución xudicial firme, ou copia compulsada desta, que recoñeza o dereito a unha indemnización por danos e perdas froito dunha situación de violencia de xénero.
b.       Testemuño da resolución xudicial, ou copia cotexada desta, que recoñeza a insolvencia do debedor.
c.        Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, da solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio...).
d.       De ser o caso, documentación que acredite a composición da unidade familiar de convivencia.
e.        No caso de que a persoa solicitante sexa un/unha menor de idade que dependa dunha muller que sufra violencia de xénero ou unha persoa maior de idade que dependa económica e asistencialmente dunha muller que sufra violencia de xénero, deberá acreditarse a dita dependencia mediante copia compulsada do libro de familia e informe dos servizos sociais, resolución xudicial de custodia ou calquera outro documento que acredite suficientemente esta circunstancia.
Lugar de presentación:
·         Secretaría Xeral de Igualdade.
·         Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es
·         En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación:
·         Ata o 30 de novembro de 2019 para o caso das axudas.
·         Ata o 31 de outubro de 2019 para o caso das indemnizacións.
Máis información:
http://www.mulleresengalicia.es  | Tel.  981 95 76 99 |  vx.igualdade@xunta.es


Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190103/AnuncioG0244-261218-0001_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190102/AnuncioG0244-211218-0002_gl.html



Obxecto:
Proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación para os casos das mulleres vítimas de trata con fin de explotación sexual, e mais a tentar axudalas a romper coa situación de violencia, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Requisitos das beneficiarias:
·             Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación.
·             Ter cesado a convivencia co agresor, ou coa persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación, no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
·             Estar empadroada e ter residencia efectiva na CA de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así o exixa a lexislación vixente, ter permiso de residencia. No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
·             Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou que estes sexan de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o  IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
·             Reunir na data de solicitude e manter ata que se resolva esta e durante a súa percepción os requisitos indicados anteriormente.
·             Non ter percibido esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.
A solicitante deberá reunir na data de solicitude e manter, ata que se resolva esta e durante a súa percepción os requisitos indicados no punto anterior.
Non poderán ser beneficiarias desta axuda as mulleres que, reunindo estes requisitos, xa percibisen con anterioridade esta ou a axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
Natureza e contía das prestacións:
A axuda consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de 12 mensualidades, sempre que nese período subsistan as circunstancias polas que se concedeu. O cómputo do período empeza o mes da solicitude.
No suposto de que a solicitante estivese percibindo ingresos doutras axudas incompatibles con estas e renuncie a elas, detraerase do cómputo total o número de mensualidades coincidentes no período de percepción.
A contía da axuda establécese en función das rendas e ingresos da  solicitante en relación co IPREM para o ano 2018, de acordo coas seguintes especificacións:
Ingresos   ≤  ao IPREM
Ingresos  > ao IPREM e ≤  a 1,5 veces o IPREM
a) Con carácter xeral
600 euros/mes
300 euros/mes
b) Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade ≥ 33%:
650 euros/mes.
350 euros/mes.
c) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%
700 euros/mes
400 euros/mes.
d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo
700 euros/mes.
400 euros/mes.
e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%
800 euros/mes.
500 euros/mes.
f) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia
800 euros/mes.
500 euros/mes.
Non se considerarán a cargo as/os menores emancipadas/os e/ou con ingresos mensuais brutos superiores ao IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Incompatibilidades:
Coa percepción de calquera outra establecida tanto polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, como por calquera entidade privada destinadas ao mesmo fin.
Cando as solicitantes teñan solicitada ou perciban a RAI por vítima de violencia, farán constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa solicitude, e nos casos que a soliciten con posterioridade deberán comunicalo de xeito inmediato. O órgano xestor daralles opción para que no prazo de 5 días manifeste a súa opción, indicándolles que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas axudas minoran no mesmo número de meses desta axuda.
Así mesmo, deberase ter en conta que as normas reguladoras das axudas como a RISGA, PNCs e aqueloutros subsidios percibidos por carencia de recursos teñen límites distintos aos establecidos para esta axuda polo que a concesión da mesma deberase comunicar aos organismos responsables da xestión das axudas que estiveran a percibir.
Documentación:
·             Solicitude e anexos  |  Presentación electrónica na sede
·             Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio...)
·             Acreditación da situación de violencia derivada de convivencia ou de situación de dominación no caso de vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, con algún dos documentos seguintes, que deben estar adoptados ou emitidos no intervalo temporal que comprende os 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude:
1.          Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar. Terán que estar vixentes na data de presentación da solicitude e manterse na data da resolución desta axuda.
2.          Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénero ou documento xudicial que declare que a muller é vítima de trata de seres humanos con fins de explotación sexual. 
3.          Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia e /ou de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.
4.          Informe das forzas e corpos de seguridade que indique a existencia de indicios claros de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.
5.          Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición de vítima de violencia de xénero ou de vítima de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, e a data en que se produciu o cesamento da convivencia ou da situación de dominación respectivamente.
6.          Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición de vítima de violencia de xénero ou de vítima de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, e a data en que se produciu o cesamento da convivencia ou da situación de dominación respectivamente.
·                             No caso de que, para a acreditación da condición de vítima de violencia de xénero, se presente algún dos documentos recollidos nos puntos 1, 2 ou 3 e non conste que a situación de violencia ocorre nunha relación de convivencia, deberase achegar ademais un informe dos servizos sociais da Administración autonómica ou local que o acredite ou, no seu defecto, a declaración responsable da solicitante, recollida no anexo I de solicitude. En ambos os casos, deberá constar a data na que tivo lugar o cesamento da convivencia. No caso de falecemento do agresor, o intervalo temporal será igualmente de 12 meses, tanto para o feito en si do propio falecemento como da ruptura da convivencia.
·             No caso de discapacidade da solicitante e/ou das/os súas/seus fillas/os menores ou menores acollidos a cargo da solicitante, copia cotexada da certificación acreditativa, se non foi expedida pola Xunta de Galicia.
·             Acreditación de fillas/os menores a cargo, a través da copia cotexada do libro de familia e/ou calquera outro documento que acredite que as/os fillas/os están ao seu cargo (informe de servizos sociais, certificado de empadroamento conxunto, resolución xudicial de custodia,...), de ser o caso. No caso de ter ao seu cargo menores en situación de acollemento, achegarase copia cotexada da resolución administrativa/xudicial acreditativa, se non foi expedida pola Xunta de Galicia.
Lugar de presentación:
·             Preferiblemente por vía electrónica https://sede.xunta.es
·             En soporte papel calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación:
Comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto con carácter permanente durante todos os exercicios (todo o ano)
Máis información sobre o procedemento
Secretaría Xeral da Igualdade
https://igualdade.xunta.gal  | Teléfono 881 99 91 64 | vx.igualdade@xunta.gal


Fartas da inxustiza


O asasinato de Laura é un para moitos un número máis, unha cifra para unha estatística máis. Non é unha novidade, acontecen demasiado a cotío.

Seguimos un día máis denunciando as mesmas inxustizas que seguen a pasar todos os días do ano, sen que ninguén faga nada. Seguimos repetindo que os dereitos das mulleres non se respectan. Seguimos denunciando a pasividade ante os asasinatos machistas.

As preguntas que volvemos a facernos son ¿Ata cando? ¿Chegará un día que xa nos teñamos que falar disto? ¿Para cando unha xustiza xusta? ¿cando asumirán as responsabilidades?


O que si sabemos é que dende a Rede  de Mulleres seguiremos dia tras día denunciando a violencia machista dende todos os eidos da sociedade ata alcanzar a xustiza real e efectiva para as mulleres.





Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra sobre o caso da Manada

O pasado 5 de decembro o Tribunal Superior de Xustiza de Navarra dictaba a súa sentenza confirmando a condena da Audiencia Provincial aos cinco membros da "Manada"de 9 anos de prisión por un delito continuado de abusos sexuais. Diferénciase da sentenza anterior en que considera que non houbo consentimiento por parte da vítima pero non existe agresión sexual por non existir, según o parecer maioritario da sala, nin violencia nin intimidación, requisitos legais para a existencia dun delito de agresión sexual.
Proclama esta sentenza que hai unha liña moi fina entre o que se consiera prevalimiento ou situación de superioridade, e a intimidación. Considerar a existencia dun ou doutra, supón calificar os feitos como abuso ou agresión. Neste caso, os membros do tribunal, ao igual que os anteriores xuíces, entenden que a actuación programada de cinco homes de arriconar á vítima nun portal coa intención de viola-la non implica a suficiente gravidade para que esta muller se sentira intimidada nin cun gran temor pola súa vida.
Considerar a existencia ou non de intimidación depende de elementos subxectivos que non poden ser tasados pola lei, senón que ven sendo necesaria a intervención das persoas encargadas de impartir xustiza, dependendo esa valoración das súas perspectivas e empatía en moitos casos. Por ese motivo, dende a Rede de Mulleres seguimos reivindicando a indispensable necesidade de formación e concienciación en perspectiva de xénero de tódolos integrantes da sociedade, xulgando con perspectiva de xénero non se dubidaría ca vítima deste caso sufriu violación por parte de cinco homes, que ademáis de soportar vexacións inimaxinables o gravaron e lle roubaron o móbil para que non puidese pedir axuda.
A pesar do voto particular de dous maxistrados, que sí entenden que se cometou unha violación, atopámonos ante unha mostra máis do noso sistema de "in-xustiza", anclado nunha visión patriarcal que pouco axuda ás vítimas de violencias machistas e que supón para elas sofrir novas violencias e presións. Séguese, por tanto,  facendo depender a existencia ou non destes delitos á reacción das súas vítimas e non dos actos cometidos polos seus culpables, que consideran ás mulleres un obxecto co que satisfacer seus implusos.
O Ministerio Fiscal vai recurrir dita sentenza ante o  tribunal Supremo ao considerar a existencia de agresión sexual e pide o reingreso en prisión dos condeados ante o risco de fuga, deberemos agardar que este tribunal recoñeza a existencia de intimidación e valore o caso dende unha ollada baseada na igualdade, por que se non hai consentimento hai violación.


https://www.eldiario.es/norte/navarra/Fiscalia-Navarra-solicita-recurrira-Supremo_html

Artigo de Opinión Día Internacional Contra a Violencia de Xénero




25 DE NOVEMBRO – DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
ARTIGO DE OPINIÓN

Dende a Rede de Mulleres queremos facer unha reflexión ao redor deste 25 de novembro.

         O día internacional contra a violencia de xénero, non pode empregarse para mercantilizar máis ás mulleres, co fin de aparentar unirse á loita pola igualdade.

Neste 25 de novembro, non hai nada que celebrar xa que…
-       
                   Sufren violencia  institucional (Vitimización secundaria):
A atención ás mulleres en procesos de violencia depende da empatía e da profesionalidade máis que da calidade do servizo.

    As prestacións económicas son contías miserables insuficientes para poder empezar unha vida independente.

     As crianzas non son escoitadas, non hai suficientes servizos especializados para elas, as pensión de alimentos son insuficientes…son as grandes esquecidas e maltratadas polas institucións cando se lle adxudica o dereito a visitas ós agresores.

      O dereito á unha vivenda digna non existe, e as dificultades sociais para acceder a ela increméntanse nos procesos de violencia. A solución das institucións son casas de acollida, pero son moitas as mulleres que non queren ou non poden  ingresar nelas (mulleres en situación de drogodependencias, mulleres con fillos homes maiores de 18 anos, mulleres que conviven con animais...)

Por todos estos motivos, e os todos aqueles que non nomeamos, non temos nada que celebrar.

Reivindicamos o 25 de novembro como día internacional contra a violencia de xénero. Un día de loita, de visibilización das eivas, das dificultades coas que as mulleres nos atopamos no día a día, un día para coñecer a realidade que impide que moitas mulleres todavía non sexan capaces de romper cunha relación violenta.

Porque non só hai que elexir entre denunciar ou non denunciar…

Por todos estos motivos a Rede sigue loitando por un acompañamento ás mulleres con profesionalidade, pero tamén con perspectiva de xénero, horizontal, con empatía, un acompañamento cercano que realmente empodera ás mulleres na súa toma de decisións. Somos conscientes de que os dereitos sociais e económicos son a base material para poder comezar a recuperación psicosocial, pero a axuda mutua entre mulleres tamén é esencial para poder comezar o camiño.

Defendemos o dereito a vivir en paz.

COMUNICADO DA REDE DE MULLERES SOBRE A INTRODUCCIÓN NOS XULGADOS DE VIGO DO "COACHING PARA PAIS"

Tralo anuncio por parte do xuíz decano de Vigo, D. Germán Serrano, da proposición de introducir nos Xulgados da nosa cidade a figura do coordinador/a de parentalidade ou “coaching para pais” https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/11/03/decano-reclama-psicologos-actuen-coaching/1991371.html 
A Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo quere manifestar o seu interese nesta iniciativa.

A coordinación da parentalidade articúlase como un recurso de auxilio xudicial nos casos de alta conflitividade entre os proxenitores separados, axudando a que se poñan de acordo no exercicio da patria potestade e demais cuestións derivadas da crianza conxunta dos seus fillos e fillas. A coordinación de parentalidade ten moitas semellanzas coa mediación familiar, servizo xa instaurado no xulgado de Vigo, coa diferenza de que esta figura de nova creación poderá ser imposta pola xuíza ou xuíz e deberá informarlle dos resultados da súa intervención, chegando a exercer certo poder disuasorio nos proxenitores e tomar decisións en caso de que persista o desacordo.

A figura do coordinador/a de parentalidade viuse introducindo recentemente nos xulgados españois a través de proxectos pilotos en Cataluña e Valencia, manifestando melloras na resolución deste tipo de conflitos e unha diminución da litixiosidade. Porén, debido ao carácter experimental desta implantación aínda non podemos coñecer en termos absolutos a súa efectividade.

 Dende a Rede de Mulleres, despois de analizar os proxectos pilotos noutros xulgados do Estado, a proposta presentado polo xuíz decano ante o Tribunal Superior de Xustiza e as iniciativas das últimas xornadas de xuíces e xuízas decanas, observamos certas cuestións que deberían concretarse antes de proceder á implantación deste novo servizo.

- Formación da persoa coordinadora de parentalidade: terá que ser unha profesional da saúde mental ou do eido xurídico, como psicólogos, avogadas ou mediadores expertos en familia, todos eles con formación en comunicación e xestión de conflitos. Consideramos que é un punto crucial que se estableza como requisito a formación en igualdade e en violencia, así como garantir a formación continua deste persoal. Sen unha formación continua e axeitada, non só para estes coordinadores/as senón para todo o persoal de Xustiza, non se pode asegurar a detección primaria de casos de violencia de xénero ou doméstica nin a procura da corresponsabilidade na crianza.
O xuíz decano propuxo empregar para este servizo aos psicólogos/as da Xunta asignados aos xulgados ou ao persoal do gabinete psicosocial. Consideramos que esta non é a forma máis axeitada para cubrir o posto, no primeiro caso non habería persoal suficiente para atender este novo servizo; tampouco sería idóneo empregar o persoal do Imelga  xa que se romperían os principios de neutralidade e confidencialidade: as mesmas persoas que fan un informe pericial vinculante nos procesos de custodia non poderían ao mesmo tempo darlle pautas de convivencia e estruturas que faciliten a paz familiar, estaríase a romper a independencia necesaria entre os peritos e os xuíces. Outra das razóns para o rexeitamento desta proposta derivase de varias queixas recibidas polo trato inadecuado a vítimas de violencia de xénero e as súas crianzas por parte do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

- Determinar os casos nos que sería aplicable a COPAR e as súas funcións: fálase de que esta nova figura de auxilio xudicial sería adoptada nos casos de “grave conflitividade”. Compre establecer con maior claridade os casos nos que debe impoñerse senón aceptan usalo os proxenitores de mutuo acordo.
A función principal do coordinador de parentalidade deberá ser velar polo ben superior das crianzas e seu dereito a formar parte da toma decisións que lles atinxen, por iso mesmo deberán ser escoitados garantindo que se faga da forma máis axeitada para a súa idade e madurez, sen que supoña  unha experiencia traumática para eles.

- Inaplicable ante existencia de indicios de violencia no eido familiar: establecer a súa total incompatibilidade nos casos que haxa evidencia de violencia de xénero ou doméstica sen que sexa obrigatoria a existencia de denuncia ou condena previa. Se iniciada a intervención da persoa coordinadora, esta detecta a posible existencia de maltrato deberá comunicarllo inmediatamente ao xuíz ou xuíza para así derivalo ao tribunal competente. É importante salientar neste punto que en gran cantidade de casos as vítimas non son conscientes do maltrato que están a sufrir ou non sen sentiron capaces de denuncialo. Ademais disto, compre ter en conta os numerosos casos de violencia vicaria que se producen despois dunha separación, é dicir, a violencia dirixida ás mulleres empregando ás súas crianzas.

-Idoneidade da figura do COPAR: esta figura só poderá ser viable cando a crianza dos fillos e fillas sexa exercida por ámbolos dous proxenitores. O poder xudicial non poderá establecer nunca un mecanismo que obrigue a un proxenitor/a a que participe activamente en dita crianza sen que os nenos e nenas sufran. Sen unha crianza responsable non se reducirá a saturación dos xulgados por moitas figuras novas que sexan implantadas. Ademais, hai cuestións sobre a crianza que non podemos dirimir  empregando o ordenamento xurídico, senón que deben ser froito dunha educación na corresponsabilidade e na igualdade.

En conclusión, a figura da persoa coordinadora de parentalidade podería ser un bo mecanismo de resolución de conflitos interfamiliares xa que lle dá máis información ao xuíz ou xuíza para a toma de decisións, velando polos intereses das crianzas. Sen embargo, esta figura non poderá ser xamais empregada cando non exista unha crianza conxunta dos menores e en ningún caso ante a existencia de violencia no eido familiar. A crianza responsable e conxunta por parte dos dous proxenitores a partes iguais non nace da decisión dos tribunais senón dun cambio da sociedade a través da educación na igualdade, no respecto e na interese superior dos menores.


DECRETO 131/2018, do 10 de outubro, polo que se crea e se regula o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181022/AnuncioG0244-161018-0003_gl.html

Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía persoal

Requisitos das persoas beneficiarias
  1. Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Considéranse tamén así os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (artigo 4.2 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social).
  2. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Ter unha renda per cápita da unidade familiar de convivencia, calculada nos termos previstos no artigo 9, que non supere o 300 % do IPREM establecido para o ano 2018.
  4. Cumprir os requisitos establecidos con carácter xeral para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Bono social térmico

Normativa
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2017-11532
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2018-13593

Obxecto
Créase o programa de concesión directa de axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores vulnerables, no que respecta a enerxía destinada a calefacción, auga quente sanitaria ou cociña, denominado Bono Social Térmico.
A axuda para conceder ten como finalidade compensar gastos necesarios para garantir a subministración de enerxía para usos térmicos ou o apoio a actuacións de aforro ou melloras da eficiencia enerxética aos consumidores vulnerables.

Compatibilidade con outras modalidades de axuda
Esta axuda é compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, das que puidesen beneficiarse os destinatarios da axuda. Así mesmo, será compatible coa percepción do Bono Social de Electricidade.

Beneficiarios
En cada exercicio serán beneficiarios do Bono Social Térmico aqueles consumidores que sexan beneficiarios do bono social de electricidade previsto no artigo 45 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico, ao 31 de decembro do ano anterior.
Financiamento e criterios de distribución da axuda do Bono Social Térmico entre os beneficiarios
O outorgamento de axudas en concepto de Bono Social Térmico estará condicionado á existencia de dispoñibilidade orzamentaria e, en todo caso, suxeita ao límite fixado en cada ano na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para este concepto.
A cantidade consignada na partida orzamentaria con cargo á que se financie o Bono Social Térmico en cada exercicio orzamentario distribuirase, entre todos os beneficiarios do bono social de electricidade mediante a concesión dun pago único anual.
A contía para percibir por cada beneficiario determinarase atendendo ao seu grao de vulnerabilidade segundo se defina na normativa reguladora do bono social eléctrico, así como á zona climática na que se localice a vivenda na que se atope empadroado, todo iso en aplicación da metodoloxía contemplada no anexo I do presente real decreto-lei.
A xestión e o pagamento das axudas corresponderá ás Comunidades Autónomas, que o efectuarán durante o primeiro trimestre do ano, garantindo en todo caso a posibilidade de renuncia á axuda por parte dos beneficiarios que así o soliciten.



Dende a Rede de Mulleres denunciamos calquera tipo de violencia contra as mulleres. O patriarcado e a violencia están en todos os estamentos e clases sociais, incluída a clase política. Ante os comentarios misóxinos do Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, queremos apoiar a concentración que terá lugar este mércores 10 de outubro ás 20h. Agardámosvos!