Infórmamos que o persoal da Concellería de Igualdade segue operativo.
Para calquera consulta urxente que necesitedes facerlles, especialmente as mulleres vítimas de violencia de xénero, podedes seguir contactando con elas a través do teléfono do Centro Municipal de información dos Dereitos da Muller. T.986 29 39 63 que o seguimos a xestionar de modo remoto ou a través do email: info.muller@vigo.org deixando o teu teléfono para poder chamarte.
Prestacións como consulta xurídica, apoio social, acollemento de proteccion e apoio psicolóxico a mulleres vítimas de violencia de xénero.
Fdo. Concelleria de Igualdade do Concello de Vigo.
Canle Prioritaria para a retirada de contidos sexuais ou violentos publicados sen consentemento
A Canle Prioritaria da Axencia Española de Protección de Datos para pedir a retirada exprés de contidos sexuais ou violentos gravados ou compartidos sen consentimento da vítima. Dende setembro de 2019 esta canle púxose en marcha en 6 casos bloqueando contidos nas principais páxinas porno e redes sociais, en dous dos casos a vítima era menor de idade.
Se eres vítima dun caso así ou tes coñecemento de que alguén está sufríndoo, pódese solicitar a retirada de videos, fotografías ou audios de contido sexual ou violento nesta ligazón:
Oferta de emprego
Anulación de papeletas numeradas entre o 01151 e o 01200
Por motivos alleos á nosa Asociación, as participacións coa numeración entre 01151 e 01200 foron anuladas, polo que non son válidas no caso de que foran premiadas. Tamén queremos advertir, que no caso de que alguén intente vendelas, éstas non teñen validez.
Na seguinte foto podedes comprobar o número da vosa papeleta.
Sentimos as molestias ocasionadas.
Na seguinte foto podedes comprobar o número da vosa papeleta.
Sentimos as molestias ocasionadas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








