Grupos antiabortistas recibiron 175.000 euros dá Xunta en 2012

As seguintes organizacións: Hijas del Divino Cielo, de Burela, Religiosas Siervas de la Pasión, de Vigo, Betania de Jesús Nazareno, na Coruña, Rebaño de María Obra Social Sí a la Vida, de Lugo, Asociación Ayuda a la Vida, en Vigo, ou a Red Madre en Pontevedra, Ourense e A Coruña, de marcado carácter relixioso e antiabortista,  recibiron durante o pasado ano subvencións públicas por importe de cando menos, 176.782 euros.

A organización Red Madre, foi creada polo Foro da Familia, recibiu máis cartos que outras organizacións como Cáritas ou outra de apoio a persoas con síndrome de Down.


http://praza.com/politica/4832/grupos-antiabortistas-recibiron-175000-euros-da-xunta-en-2012/

"Unha muller non aborta por deporte, é a última opción"


Djerassi, o inventor da píldora anticonceptiva, considera "terrible" a lei do aborto que propón Gallardón.

Djerassi explica que a píldora anticonceptiva masculina non existe porque “ás grandes compañías farmacéuticas non lles interesa gastar os millóns de dólares que costaría estudar os seus efectos secundarios”. Algo que o químico, defensor dos dereitos das mulleres, lamenta, posto que a carga da responsabilidade reproductiva recae sobre elas.


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/20/actualidad/1371753378_785942.html

O 38% dos asasinatos de mulleres no mundo son casos de violencia machista


A OMS define a violencia física ou sexual contra a poboación feminina como "un problema de saúde pública de proporcións epidémicas"

 O 38% dos asasinatos de mulleres no mundo non se debe a roubos de rúa nin a situaciones de guerra,: son perpetrados polas súas parellas ou ex- parellas, unha cifra "alarmante", según a Organización Mundial da Saúde (OMS). O primeiro estudo global sobre a violencia física ou sexual contra a poboación feminina elaborado por este organismo revela que un tercio das mulleres de todo o mundo ten sufrido ou sufrirá violencia a mans do seu compañeiro sentimental nalgún momento da súa vida.

Dados estes datos, pedimos que a violencia de xénero non sexa tratada como un suceso. É un problema global que afecta a mulleres de todo o mundo e que só se pode explicar pola desigualdade social existente entre homes e mulleres. Non podemos admitir seguir tratando a violencia de xénero como un problema dalgunhas parellas, un problema privado. Os datos veñen de confirmar o carácter de verdadeira EPIDEMIA.  

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/19/actualidad/1371663879_867289.html


O xoves 27 de xuño a xente da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria e do Grupo de Axitación Social pechamos a campaña "Vivir dignamente é un dereito" coa que a través da recollida de follas de denuncia social esiximos unha Renda Básica a Concello de Vigo e Xunta de Galicia.
Foron algo máis de dous meses de actos de rúa, mesas informativas, encontros con ducias de persoas, reunións con políticos e técnicos de servizos sociais, festas...
Como acto de peche desta campaña, non das nosas accións, o vindeiro xoves 27 de xuño convocamosvos para a seguinte mañá de actividades:
- Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro do Concello de Vigo. Na lonxa do concello ás 11h00.
- Manifestación dende o concello ata a Xunta, o percorrido será: Paseo Granada-Segunda República-Policarpo Sanz-Colón-Concepción Areal . A saídaserá ás 11h30 dende o concello.
- Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro da Xunta de Galicia. No edificio da Xunta (r/Concepción Areal 8) ás 12h15.

Facebook recoñece a falla de control sobre contidos de violencia de xénero

A empresa Facebook recoñeceu a falla de supervisión sobre contidos que promoven a violencia contra as mulleres na súa rede social e prometeu solucións en resposta a un boicot publicitario promovido por grupos feministas.

As organizacións queixábanse de que Facebook aloxaba páxinas como "Violar con violencia a túa amiga só para rirte", "Violar a túa moza e a moitas, moitas máis", así como fotografías de mulleres sendo golpeadas, feridas, maniatadas, drogadas e sangrando.

http://www.observatorioviolencia.org/noticias.php?id=2827

O enlace de abaixo contén fotografías e frases extremadamente vexatorias para as mulleres. Avisamos do seu contido, pero non queremos deixar de denunciar a hipocresía desta empresa.

http://www.womenactionmedia.org/examples-of-gender-based-hate-speech-on-facebook/

Acto do Imán Cedro hoxe ás 19,00 na Praza da Independencia


Adhesión Manifestación Orgullo LGTB Vigo "Liberdade sen recortes"‏




 https://docs.google.com/document/d/1v2Mxmj_so4XiFn8wVPi1L86_4W4QY0KCjbq44lSG-n8/edit?pli=1



Abraza o teu Hospital Público


Concentración en defensa dos COF


Condena a España por separar a unha filla da súa nai por falta de recursos

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/18/actualidad/1371585336_185906.html

Estrasburgo ordena indemnizar á proxenitora con 30.000 euros porque nin os servizos sociais nin os xuíces puxeron medios para que se reagruparan

Non houbo violencia nin maltrato físico ou psíquico cara a nena. Tampouco foi vítima de abusos sexuais e xamais se constatou ningún déficit afectivo ou de saúde da menor nin un desequilibrio psíquico por parte dos pais. Pese a isto, os servizos sociais da Junta de Andalucía separaron a Cristeta M. S., una xornaleira de La Porrosa (Chiclana de Segura, Jaén), da súa filla de tres anos.