Aquí moitas mulleres traballan e por iso somos líderes en malos tratos
Non é un feito aillado, se da en toda España e en todo o mundo.
Precisamente porque hai unha desigualdade que se materializa en violencia
de xénero cando os homes dentro dunha relación de parella non están
dispostos a respetar a autonomía da muller. Tristemente, as puntas
de violencia se dan cando a muller decide rachar a convivencia. É
verdade que hai comunidades autónomas con máis incidencias e outras con
menos. A dependencia económica é decisiva neste ámbito.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/08/28/baleares/1377700164.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/08/28/baleares/1377700164.html
Violencia de xénero en adolescentes: mensaxes contraditorias
Imaxe do filme Crepúsculo
Pese a que moitos e moitas adolescentes afirman coñecer a teoría, cada vez son máis as rapazas novas que acuden aos organismos dedicados á axuda ás víctimas de violencia de xénero.
O coñecido best-seller 50 sombras de Grey da autora E.L. James é un exemplo moi recente. Neste libro, vendido como un manual de liberación femenina, Christian Grey, un multimillonario sexi e dominante, cautiva a Anastasia, que para variar é torpe e pouca cousa, seguindo a estela de Bella en Crepúsculo de Stephenie Meyer.
http://blogs.20minutos.es/mas-de-la-mitad/2013/08/28/violencia-de-genero-adolescentes-mensajes-contradictorios/
Un interesante documental "El cuerpo de las mujeres" sobre a presenza das mulleres na TV italiana
No seguinte enlace podedes ver "El cuerpo de las mujeres"; un documental de 30 minutos que mostra como as mulleres se van convertindo na TV nun mero obxecto decorativo. Un video para reflexionar sobre a imaxe das mulleres no mundo público, e como só hai espazo para mulleres idénticas, que a través da ciruxía van parecéndose a monecas.
O empoderamento, o poder das mulleres sobre si mesmas, tamén inclúe o poder que teñen sobre o seu propio corpo.
http://canalcultura.org/2012/06/05/el-cuerpo-de-las-mujeres-2/
Cenicientas TV: Que é o empoderamento? segundo Ana de Miguel
Recomendámosvos o canal de videos: Cenicientas TV, que ten innumerables videos de formación en xénero e feminismo. En especial son fenomenais os videos de Ana de Miguel, profesora de socioloxía e experta en Xénero.
Neste enlace tedes a definición de Empoderamento: As mulleres buscamos ter poder sobre nós mesmas.
http://www.youtube.com/user/CenicientasTV
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




