Dende o PP Balear ameázase con retirar a custodia dos/as seus/súas fillos/as aos pais que apoien a folga de docentes
Ana María Aguiló, do PP Balear ameaza aos pais que apoian a folga de docentes, dicindo que o tribunal de menores pode retirarlles a custodia.
Os/as docentes das Illes Balears iniciaron este curso counha folga indefinida. As reivindicacións, compartidas pola maioría dos pais e nais, se fundamentan en dous aspectos: recuperar os recursos que os recortes eliminaron e esixir que non se impoñan proxectos educativos politizados, sen o aval dos/as expertos nin o consenso da comunidad educativa.
http://www.primaveravalenciana.info/2013/09/25/pp-balear-amenaza-retirar-custodia-huelga/
A síndrome da noiva morta na moda
No último medio século, o mundo publicitario tamén ten 'glamourizado' imaxes de mulleres sumisas ou víctimas de violencia de xénero.
Pero hai máis exemplos, moitos máis. Unha abrumadora recopilación está dispoñible no proxecto Stop Female Death in Advertisiment. A iniciativa, que iniciou este
mesmo ano Lisa Hågeby, estudante do Beckmans College of Design de
Estocolmo, reúne en mosaico centos de imaxes no seu homepage para ratificar a súa teoría de que "estamos tan acostumados/as a ver este tipo de publicidade que apenas reaccionamos".
Este tipo de imaxes van construíndo o noso imaxinario sobre as relacións entre homes e mulleres; volvemos dicir ben alto: estas imaxes non nos representan!
A Garda Civil busca na Cañiza os restos dunha viguesa desaparecida fai cinco anos
O operativo rastrea o monte onde en xuño
apareceu un cráneo, que segundo as análise sería dunha muller - A Ana Mª
Fernández se lle perdeu a pista na A-52 tras discutir co seu esposo.
O 1 de abril de 2008 Ana María Fernández Barreiro desaparecía misteriosamente. De regreso en coche co seu marido e o seu fillo ao seu domicilio familiar de Barbate (Cádiz), a esta viguesa de 37 anos pareceu tragala a terra tras discutir coa súa parella e adentrarse con él nunha zona boscosa da A-52, de onde só regresou o home.
Os intensos rastreos iniciais pola autovía en busca da muller concluíron sen éxito e a causa xudicial que levou á detención e imputación do esposo se viu abocada ao arquivo provisional porque pese ás incongruencias do seu relato, non había evidencias sólidas contra él e, sobre todo, non aparecía o suposto cadáver.
Dende a Rede, queremos mostrar a nosa preocupación polo "arquivo" deste tipo de causas; e esperamos que todo se esclareza. A violencia de xénero non se pode silenciar máis.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/26/guardia-civil-busca-caniza-restos/884530.html
Cambiando de lugar: os estereotipos de xénero na publicidade
Estudantes canadenses producen un vídeo no cal invirten os “papeis” femininos e masculinos en anuncios para mostrar a perpetua representación de estereotipos sexistas
Cando acaban de presentarse os anuncios orixinais, o vídeo pergunta se o/a espectador/a sentiu o mesmo “ridículo”. O resultado é a sensación de que os estereotipos de xénero están de tal forma culturalmente enraizados que o ridículo de exploralos só se torna evidente coa inversión dos “papeis”.
A pesar do desagradable dos primeiros minutos, merece a pena velo ata o final.
http://revistaforum.com.br/blog/2013/07/trocando-de-lugar/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



