A cifra de mulleres maltratadas que acceden ao salario da liberdade cae un 45% nun ano
Un 45%. É a porcentaxe de mulleres en situación de violencia machista que neste ano 2013 quedaron sen o salario da liberdade a respeito dos dados do ano 2012.
Aliás, a comparativa dos seis primeiros meses de ambas as dúas anualidades permite constatar tamén unha baixada do 25% na apertura de novos expedientes e dun 20% nas ordes de protección que se ditaron. As denuncias caeron tamén nun 8,3%.
Os recortes na loita contra a violencia supoñen un ataque cara as mulleres. Se non traballamos en educación, prevención, e se se seguen recortando en recursos xudiciais para protexer ás mulleres, seguimos indo cara atrás...
http://www.sermosgaliza.com/articulo/social/cifra-mulleres-situacion-violencia-machista-acceden-ao-salario-da-liberdade-cae-45-nun-ano/20131001200527019616.html
"Proxecto Camiños ó Bo Trato"
A Rede de Mulleres dentro do "Proxecto Camiños ó Bo Trato" convoca ás e ós profesionais das diferentes ramas profesionais (docente, sanitario, asistencial, policial, xudicial etc.) que estean interesadas/os en profundizar no ámbito da violencia de xénero, co fin de incorporar ó seu traballo diario a perspectiva de xénero, e realizar unha práctica profesional máis adaptada a realidade social.
No díptico adxunto tedes a información sobre as temáticas a traballar.
O obradoiro terá lugar o luns 7 de outubro no Centro Cívico Casco Vello, é de balde e realizarase en horario de 18.00 a 21.00. Será impartido por Carmen Clavería Prada.
Podedes anotarvos nos teléfonos 986 22 23 28 e 670 453 431
ou no correo electrónico redemediadoras@gmail.com
Agardamos contar coa vosa participación e esperamos que o difundades entre os vosos contactos.
un saúdo,
A Rede.
Conferencia Doutora María Teresa Puga
Desde a Concellería de Igualdade anímámosvos a asistir á conferencia que a Doutora María Teresa Puga impartirá mañá mércores ás 18,00h na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, nº 2 Vigo)
A Doutora María Teresa Puga, Directora Xeral de Violencia Familiar do Ministerio de Familia de Córdoba, é tamén fundadora e coordinadora da ONG FUDAPE, Fundación "Mujer, Paz y Desarrollo", e ocupou numerosos cargos nos parlamentos da provincia de Córdoba e da lexislatura da nación Arxentina.
A Doutora María Teresa Puga, Directora Xeral de Violencia Familiar do Ministerio de Familia de Córdoba, é tamén fundadora e coordinadora da ONG FUDAPE, Fundación "Mujer, Paz y Desarrollo", e ocupou numerosos cargos nos parlamentos da provincia de Córdoba e da lexislatura da nación Arxentina.
Marité Puga, como é popularmente coñecida, sempre tivo un gran sentido do servizo público e preocupación polos problemas sociais, que puido realizar a través da súa extensa e recoñecida carreira profesional como especialista na saúde da muller (xinecoloxía), o traballo voluntario a favor especialmente das mulleres máis desfavorecidas e o traballo político no que é unha autentica referencia en materia de discapacidades e violencia de xénero.
Este mércores temos a oportunidade de escoitala explicando o novedoso método que utiliza a fundación arxentina FUDAPE contra a violencia de xénero.
Podedes obter máis información sobre ela consultando o seu currículo (arquivo adxunto) e consultando os seguintes enlaces web:
1) http://www.youtube.com/watch?v=ov5JB4H5BtIIntervención nun spot como Subsecretaria de Inclusión Sanitaria, Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia 2010
2) http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=BQn2m3thA3UEntrevista televisiva na TV de Córdoba nun programa semanal dedicado á loita contra a violencia de xénero
3) http://archivo.lavoz.com.ar/nota.asp?nota_id=551575. 17-09-09
Corte do Artículo de opiniòn no periódico provincial La Voz, de Córdoba, sobre Violencia intrafamiliar e equidade de xénero.
“A lo largo de la historia existió lo que hoy llamamos violencia familiar, pero no se la percibía como tal, porque estaba naturalizada. La cultura patriarcal instituyó una supremacía masculina que ha repercutido hasta la actualidad, y que se reflejó en las leyes y en la actitud cotidiana de la sumisión femenina; no había cómo denunciar o quejarse, sobre todo porque las principales víctimas, las mujeres, las niñas, niños, ancianos y discapacitados eran considerados de una categoría inferior, carecían de derechos y, de acuerdo a las leyes, dependían de un varón.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






