Con data 6 de abril "La Voz de Galicia" publicaba:
"A Xunta reduce nun 25% os fondos para as axudas periódicas para vítimas de violencia"
A Xunta aseguraba que, a pesares deste recorte presupuestario, esto non significaba que reduciran os cartos destas axudas, xa que afirmaban que habería a "posibilidade de ampliar este crédito, de xeito que todas as mulleres
vítimas de violencia de xénero que cumpran os requisitos da convocatoria
cobren as axudas e ningunha muller quede fóra.
Pero a día de hoxe, 4 de outubro, confírmase que xa non hai crédito e que non se sabe si se ampliará o presuposto.
Recortes para hoxe, violencia de xénero para mañá
Máis do mesmo: Os recortes están afectando á concienciación, e isto implica unha maior pasividade e distancia da sociedade, dos entornos cercanos ás vítimas e dos entornos próximos aos agresores; algo que se traduce en máis libertade para continuar coa violencia.
A violencia de xénero non se vai acabar mentres exista unha parte da sociedade que asuma que as relacións deben establecerse sobre las referencias xerarquizadas que a cultura se encargou de fixar sobre a figura e os roles masculinos.
Nos estudos dende o Ministerio de Igualdade: un 1,4% da poboación española, de entrada, considera que a violencia de xénero "é aceptable nalgunhas ocasións". Como se observa, non hai un rexeitamento rotundo á violencia de xénero; unha parte importante da sociedade ten xustificacións para aceptala e cuestionar só determinados resultados.
Non é de extrañar, como coñecidos estes días, que el Gobierno plantee contabilizar só os casos que requiran unha hospitalización superior a 24 horas.
As consecuencias destes recortes xa se ven, e se caracterizan por unha disminución das denuncias, un aumento da retirada das denuncias que se interpuxeron, unha reducción nas cifras de separacións; tamén en as chamadas ao 016, teléfono de atención e información a víctimas de violencia de xénero. Baixaron as medidas de protección, os partes de lesións,.... PERO A VIOLENCIA CONTINÚA.
http://www.eldiario.es/agendapublica/impacto_social/Recortes-hoy-violencia-genero-manana_0_181632543.html
A cifra de mulleres maltratadas que acceden ao salario da liberdade cae un 45% nun ano
Un 45%. É a porcentaxe de mulleres en situación de violencia machista que neste ano 2013 quedaron sen o salario da liberdade a respeito dos dados do ano 2012.
Aliás, a comparativa dos seis primeiros meses de ambas as dúas anualidades permite constatar tamén unha baixada do 25% na apertura de novos expedientes e dun 20% nas ordes de protección que se ditaron. As denuncias caeron tamén nun 8,3%.
Os recortes na loita contra a violencia supoñen un ataque cara as mulleres. Se non traballamos en educación, prevención, e se se seguen recortando en recursos xudiciais para protexer ás mulleres, seguimos indo cara atrás...
http://www.sermosgaliza.com/articulo/social/cifra-mulleres-situacion-violencia-machista-acceden-ao-salario-da-liberdade-cae-45-nun-ano/20131001200527019616.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



