Hoxe ás 19.00 na Casa da Cultura Galega

A Concellería de Igualdade  lembra que o martes, 12 de novembro ás 19,00 horas terá lugar a Charla Coloquio: "Enredámonos nas redes...?. As ciberviolencias e os controis das redes sociais" no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura ( praza da Princesa, 2)

O obxectivo xeral é previr entre a mocidade a violencia de xénero na utilización das redes sociais. 

Esta actividade é complementaria aos obradoiros que a mesma relatora impartirá durante  tres días no auditorio municipal en sesións escolares, dirixidas a alumnado de secundaria.
Para as sesión escolares xa temos confirmada a asistencia de máis de 1000 alumn@s de secundaria, se ben, a concellería de Igualdade valora convinte programar unha actividade coa mesma formadora, que, a través dunha charla coloquio, poida informar a todas as persoas interesadas sobre o mal uso que ás veces a mocidade pode facer das redes sociais. 


·                         Como empregan as rapazas e os rapaces as redes sociais. Análise dos riscos aos que están expostos.
·                         Que significa ser acosada/acosado polas redes.
·                         Como se manifesta a violencia sexista a través das redes. Exemplos de ciberviolencias.
·                         A utilización das novas tecnoloxías en igualdade como medio para educar en igualdade.
·                         Boas prácticas para o emprego dunha linguaxe axeitada que favoreza unha boa comunicación, sen nos enredar...!
A relatora será IANIRE ESTÉBAÑEZ CASTAÑO, psicóloga especialista en violencia de xénero na xuventude e autora do blog "mi novio me controla... lo normal".

Entrada libre ata completar aforo. Non se require inscrición previa.

Acechadas por whassap

http://www.hoy.es/v/20131020/sociedad/acechadas-whatsapp-20131020.html

Formación para mulleres

O Proxecto CEDIM ofréceche unha formación gratuíta e eminentemente práctica dirixida á activación laboral e mellora da empregabilidade.

a oferta formativa ten unha duración total de 40 horas que serán impartidas en 8 sesións de 5 horas: catro sesións en horario de mañá (de 09h30 a 14h30) e catro en horario de tarde (de 16h00 a 21h00) e organízase en dous módulos:

- Formación en detección de oportunidades de emprego.
- Formación en mellora das habilidades sociais e comunicativas.

Todas as persoas que participen recibirán un diploma acreditativo da formación realizada.

I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero





http://congresovxsantiago.com/

Máis violencia contra as mulleres...

- Sevilla: Apuñala a súa parella e a unha nena de 14 anos
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/11/08/apunala-pareja-nina-arroja-ventana/910719.html


CONCURSO DE MICRORELATOS POLO DÍA DA ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a Asociación Fins, e con motivo do día pola erradicación da violencia de xénero (25 de novembro) ten lugar un concurso literario de microrelatos, estes deben  versar sobre as violencias sufridas polas mulleres, as formas de erradicalas, ou sobre a sensibilización e concienciación que se debe realizar na sociedade. Por iso anímovos a participar escribindo un relato dun minuto de duración. O sábado 23 terá lugar a entrega dos premios, e poderemos disfrutar da representación teatral da Asociación Juan XXIII de Cangas, coa obra "Emocións en movemento" e da lectura dun manifestó en contra de todo tipo de violencia exercida en contra das mulleres. Agardamos por ti ese día.

+ info: asociacionfins@gmail.com