http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/19/paisvasco/1395256141_786675.html?rel=rosEP
As estadísticas oficiais non reflexan a verdadeira realidade....
" El Gobierno sostiene que el asesinato de una prostituta a manos de un cliente no puede considerarse violencia de género al no existir un vínculo afectivo entre el agresor y al víctima."
Qué é entón violencia de xénero?
http://www.europapress.es/nacional/noticia-gobierno-precisa-asesinar-prostituta-no-violencia-genero-20140323113949.html
Qué é entón violencia de xénero?
http://www.europapress.es/nacional/noticia-gobierno-precisa-asesinar-prostituta-no-violencia-genero-20140323113949.html
As agresións sexuais considéranse un delito menor
A nova fala de agresións no Brasil, pero fai pouco nunha charla dun Instituto falaban que un cachete a unha rapaza que levaba saia e escote "non era para tanto", unha cousa é agarrar e outra un simple cachete....
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/20/actualidad/1395335720_262349.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/20/actualidad/1395335720_262349.html
Xuízo pola agresión con ácido a unha muller en Madrid
"Se cree que está todo muy bien organizado pero luego
no se hace nada". En especial se ha referido a las asistentes sociales de
los hospitales. Ella estuvo ingresada en la unidad de quemados del hospital La
Paz, en la capital. "Me he sentido que estaban muy perdidas. Gente que
quería ayudar, pero que no sabía cómo hacerlo. Ha sido mi propia familia la que
se ha ido moviendo y la que ha ido investigando qué es lo que podía
hacer", ha afirmado.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/20/madrid/1395324193_107720.html
Comunicación da Asociación Nós Mesmas
Ola :
Desde Nos Mesmas queremos facervos participes da información recibida pola FELGTB, en referencia ao proxecto sobre o que estamos a traballar e o cal levará a cabo en poucos meses.
Como xa saberedes, o Ministerio de Sanidade vai realizar unha modificación da Carteira de Servizos do Sistema Nacional de Saúde. Entre as modificacións previstas está a de restrinxir o acceso ás técnicas de Reprodución asistida ás parellas de mulleres e mulleres soas.
Desde a FELGTB, estiveron traballando para que isto non levase a cabo e realizaron algunhas accións e mantiveron contactos co Ministerio (con reunións etc), partidos políticos e a asociación Nais solteiras por Elección.
Unha vez feito este percorrido no Ministerio e crendo que o proxecto non sufrirá ningunha modificación, debemos iniciar a súa reivindicación nos territorios autonómicos.
E é aí, onde como asociación, puxemos o noso apoio porque é totalmente necesario.
O proxecto consiste en presentar nas Consellerías de Saúde de cada Comunidade Autónoma unha solicitude de entrevista, para demandar a inclusión de parellas de mulleres e mulleres soas no acceso ás técnicas de reprodución humana asistida (RHA). Con esa carta achegaranse unhas argumentacións que nos enviaron desde a FELGTB, que están baseadas en criterios de igualdade de acceso para todas as mulleres. Unha delas é:
a inclusión de TODAS As MULLERES é unha medida que debe considerarse de carácter político- posto que se trata dunha cuestión de dereito á maternidade- e non "problema médico", como se pretende establecer, ao afirmar que é o grupo de expertos quen propuxo o criterio de inclusión: a esterilidade. O grupo de expertos está formado por profesionais do medicamento, sociedades científicas, etc, que realizan unha proposición que pode ser validada, ou non, polo Ministerio. É a éste a quen corresponde a tarefa de xestionar os recursos baseándose en criterios que non se opoñan aos valores que recolle a nosa Constitución (Artigo 14 da Constitución).
Consideran que tras a publicación da Carteira Básica do SNS, que será nas próximas semanas, teremos que efectuar esta acción.
Nós Mesmas, cunha representante, entregarán a solicitude de entrevista na Consellería de Saúde. A idea, é realizar a acción todas as entidades o mesmo día para conseguir maior alcance mediático e maior relevancia a nivel nacional, e é aí onde queremos contar co teu apoio, facer forza nun tema que nos afecta a todas e do que non poden deixarnos fora coma se fósemos mulleres na sombra.
http://www.nosmesmas.com/
Concentración xoves 27 de marzo
O próximo xoves 27 de marzo ás 20h ( como ven sendo habitual
o último xoves de cada mes) a Rede realiza a concentración diante do MARCO. A
día de hoxe, menos de 3 meses do ano, son 26 as mulleres asasinadas.
A nosa resposta debe ser contundente, para elo esperamos que
a cidadanía déa esa resposta a esta traxedia que tanta dor nos produce.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)