Deteñen a un mozo de 21 anos por maltratar a súa moza de 19

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/06/25/detienen-joven-21-anos-maltratar-novia-19/0003_201406F25C4994.htm

Vinde á concentración mañá Xoves 26 de xuño diante do MARCO


"Subversión feminista da economía", o novo libro de Amaia Pérez Orozco



Novo libro moi recomendable da economista Amaia Pérez Orozco: A resposta política do estallido financieiro volveu impoñer a prioridade dos mercados sobre a vida. A partires da discusión da economía feminista, este libro detalla as bases dun sistema inxusto e inviable, fundado na división sexual do traballo e o expolio do planeta.



Rosa Cobo: O aborto pode ser a clave para un rearme ideolóxico do feminismo



Temos diante o desafío de establecer alianzas políticas entre as feministas e á vez seguir cos nosos discursos e as nosas prácticas específicas. Protexer a singulariedade dos diversos feminismos e crear as condicións para facer pactos políticos é posible e necesario...

Gallardón é un dos "novos bárbaros do patriarcado". É insólito recortar un dereito civil nun contexto como o europeo, no que os dereitos sexuais e reproductivos semellaban estar sólidamente anclados. O subxtexto  do anteproxecto desta lei é a negación da autonomía e a libertade das mulleres, e ao mesmo tempo, envíanos a mensaxe de que o noso corpo non nos pertence.


A entrevista completa en Píkara Magazine: http://www.pikaramagazine.com/2014/05/el-aborto-puede-ser-la-clave-para-un-rearme-ideologico-del-feminismo/

Obradoiro de Comunicación e resolución de conflictos

Xa vos podedes apuntar ao seguinte Obradoiro, que se fará os luns e xoves! en horario de mañá ou de tarde, en función da preferencia da maioria das persoas inscritas. Podedes chamarnos para obter maior información.

XIV Xornadas Mulleres en Acción


Sábado, 05 de xullo de 2014 ás 20:00h

NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE CANGAS

Ficha o TREN DA LIBERDADE  da idea a acción.

BEGOÑA PIÑEIRO HEVIA e PILAR FERNÁNDEZ GARCÍA

Representantes da Tertulia Feministas Les Comadres/Mujeres por la Igualdad de Barrados.

O TREN DA LIBERDADE: O DOCUMENTAL

Presentación e preestrea mundial


Chelo Loureiro

https://www.facebook.com/mostrateatrocangas