Un home asasina a súa muller en Barro (Pontevedra)

http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/criminalidad/un-hombre-mata-a-su-mujer-a-tiros-en-barro-pontevedra-y-luego-se-suicida_tKZhocpB5kwqiIATIP0ib2/

A coordenadora galega da Marcha mundial das mulleres convoca concentración de repulsa polo asasinato en Barro

Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Mónica e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.
Sumamos a nosa voz á do resto do feminismo galego e convocamos e participaremos nas concentracións que se convoquen estos días no noso país. CONCENTRACIÓNS:

MARTES 26
  • Vigo, ás 20h no MARCO

Polémicas declaracións do alcalde de Valladolid

http://www.farodevigo.es/espana/2014/08/21/veces-da-reparo-entrar-ascensor/1079364.html

Onte estivemos apoiando a Giancarla para que recupere a súa bebé

Protesta durante a charla do exconselleiro Aniceto Núñez para esixirlle que devolva a súa neta a súa nai: Giancarla. 

 

A Giancarla quitáronlle a custodia da súa bebé nun xuízo inxusto, na que non tivo dereito á defensa. O avogado de oficio foille asignado o mesmo día da vista.  Queremos xuízos xustos! A bebé ten dereitos, e imos defendelos.

 Moitas grazas a tódalas persoas asistentes e que apoidades a Giancarla.