Paralizan o desahucio dunha vítima de Violencia de Xénero

http://www.farodevigo.es/espana/2014/12/12/paralizan-desahucio-victima-violencia-genero/1148918.html

O test que valora o risco das maltratadas será modificado

http://www.elmundo.es/espana/2014/12/10/54875ceaca47412f558b4586.html

O xulgado considerou "baixo" o risco da muller acoitelada pola súa exparella en Almazán

http://www.elmundo.es/espana/2014/12/12/548a3f25ca4741da6f8b456c.html

Trala denuncia do pasado 28 de novembro, o xulgado de Almazán dictou sentencia cunha orde de afastamento de 200 metros. Pese a esto os dous seguían realizando os seus traballos respectivos, ela de camareira e o home na empresa que suministra as bebidas a dito bar, polo que podían producirse encontros entre ambos no ámbito laboral.

Decretado o ingreso en prisión do home detido por matar a súa muller e a súa sogra en Abadiño

http://www.elmundo.es/pais-vasco/2014/12/12/548b2d3d268e3eed238b456f.html

O persoal dos servizos sociais do Concello maniféstase ante o colapso do sistema

Aseguran que levan meses pedindo ao Concello que reforze o persoal, incapaz de atender os milleiros de solicitudes de persoas sen recursos. O alcalde e a concelleira Isaura Abelairas néganse a receber ao colectivo.

http://vigodixital.opennemas.com/articulo/social/persoal-servizos-sociais-do-concello-manifesta-continuo-colapso-do-sistema/20141215135443000728.html

Bases reguladoras das subvencións do programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141210/AnuncioCA02-031214-0004_gl.html

Bases reguladoras das subvencións do programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal
Agardando dende o 2011 para ver como aproban un plan de vivenda que vai ser inaccesible.....
máximo de ingresos para unha familia dunha membra/o 532.51€

para unha muller cunha filla/o menor a cargo 690.....se cobra 700euros das axudas periódicas por vítimas de violencia terá dereito a axuda de aluguer????

Termalismo Social IMSERSO

Normativa:

Orde do 15 de marzo de 1989 polo que se establece e regula o Servizo de Termalismo Social.
Orde de 26 de decembro de 1990 pola que se modifica a do 15 de marzo de 1989, que estableceu e regulou o servizo de Termalismo Social do Instituto Nacional de Servizos Sociais.
Resolución de 9 de decembro de 2014, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convoca a concesión de prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo Saudable (BOE nº 301 do 13/12/2014)

Requisitos das/dos solicitantes:

Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
Situación económica dos solicitantes.
Idade dos solicitantes.
Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
Tamén poderán ser beneficiarias das prazas as persoas españolas residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública , teñan máis de sesenta anos de idade e cumpran os requisitos 2, 3, 4 e 5.

Tamén poderán ser persoas beneficiarias das prazas os cónxuxes de quenes reúnan os requisitos anteriores sempre que cumpran pola súa vez cos requisitos 2, 3 e 4.

Beneficios:

As quendas terán unha duración de doce ou dez días cada unha (once e nove pernoctacións, respectivamente) comprendendo os seguintes servizos:

Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
Póliza colectiva de seguro.
Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
Documentación:

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.

Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2014, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:

Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
Lugar de presentación:

Cumplimentación telemática da solicitude. Consulta de trámites

Servizos Sociais Comunitarios,
Centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)
Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
Prazo de presentación:

Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto (ambos inclusive):

Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de xaneiro de 2015.
Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de agarda de prazas: ata o día 18 de maio de 2015.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos inclusive):

Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 18 de maio de 2015.
Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera de prazas: ata o día 30 de outubro de 2015.
Máis información:

Balnearios participantes 2015
Folleto informativo
Web IMSERSO

Teléfonos: 901 109 899 / 900 406 080