Un xuíz ordena devolver á filla dunha vítima de violencia de xénero coa súa avoa materna

http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2015/01/20/54be506eca4741157a8b457a.html

A nena, de 3 anos, residía coa súa tía paterna, irmá do presunto asesino

Foi a Generalitat a que entregou en acollida en detrimento da familia da vítima


As novas estratexias contra a violencia de xénero en redes sociais

http://www.sanjuan8.com/mundo/Las-nuevas-estrategias-contra-la-violencia-de-genero-en-redes-sociales-20150120-0043.html

A captación de nenas por Internet por parte de abusadores, a chamada "vinganza porno", o ciberacoso ou o control a través dos móbiles con GPS son algunhas das violencias detectadas. Como tentan previlas.

Mata a súa muller en Terrasa e despois suicídase

http://www.farodevigo.es/espana/2015/01/21/hallan-mujer-hombre-muertos-terrassa/1169352.html


Pasa a disposición do xuíz o home de Vigo que pegou ó neno que defendeu a súa nai

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2015/01/21/pasa-disposicion-judicial-hombre-pego-nino-defendio-madre/0003_2015011421843813907638.htm

O home acusado de golpear a súa noiva invidente e ó fillo desta pasou esta mañá a disposición xudicial no xulgado de violencia sobre a muller número 1 de Vigo. O fiscal interrogou a varias testemuñas, entre eles un electricista que escoitou a forte discusión cando faía unha reforma na vivenda.
O neno, de 15 anos, interpúxose para defender a súa nai invidente e resultou golpeado.
As dúas vítimas dos supostos malos tratos recibiron asistencia sanitaria por ansiedade e lesións leves.

Herido un menor en Vigo ó tratar de impedir malos tratos a súa nai

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/01/21/herido-menor-vigo-tratar-impedir/1169071.html

Un adolescente de 15 anos de idade resultou onte ferido ao tratar de evitar que a súa nai, que é invidente, sufrise malos tratos por parte da súa actual parella no domicilio familiar, segundo informou a Policía Local. Nai e fillo lograron fuxir da vivenda e refuxiarse en casa dunha veciña, segundo as mesmas fontes.

En tres anos fixéronse un millar de denuncias por publicidade sexista

http://www.elmundo.es/espana/2015/01/17/54b950af268e3edb428b4571.html

A muller e a súa carne como anzol. O mercado recuberto de pel de femia para vender. O estereotipo eterno.

Un informe interno do Instituto da Muller analiza as queixas recibidas e as actuacións efectuadas entre 2011 e 2014 sobre contidos sexistas nos medios de comunicación e a publicidade en España.

CCOO elabora unha guía frente a Violencia de Xénero e o acoso sexual nos centros de traballo

http://www.eldiario.es/eldiarioex/sociedad/CCOO_violencia_de_genero_0_340516659.html

CCOO de Estremadura, en colaboración co Instituto da Muller de Estremadura, elaborou unha guía que se formula como unha resposta sindical para actuar, especialmente nos centros de traballo, contra a violencia de xénero e o acoso sexual e por razón de sexo, que poden sufrir as traballadoras.

Detido tras intentar estrangular e golpear a súa parella sentimental

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/8454555/detenido-tras-intentar-estrangular-y-golpear-a-su-pareja-sentimental#.VL1eNEeG8mM

Un home de 41 anos de idade foi detido este pasado domingo en Bilbao tras tentar estrangular e golpear no rostro e tórax a súa parella sentimental, segundo informou o Departamento de Seguridade. Á primeira hora da tarde deste pasado domingo, unha muller interpuxo unha denuncia na Comisaría da Ertzaintza en Bilbao contra o seu compañeiro por un delito de violencia de xénero.

A Abogacía e a Subdelegación do Goberno unen forzas contra a Violencia de Xénero

http://www.elnortedecastilla.es/segovia/201501/18/abogacia-subdelegacion-gobierno-unen-20150118132244.html

O Colexio de Avogados de Segovia presta un servizo de garda de 24 horas sobre asesoramento e atención especializada.

O 75% das mulleres que denuncian Violencia de Xénero non pediran axuda antes

http://www.elnortedecastilla.es/castillayleon/201501/16/mujeres-denuncian-violencia-domestica-20150116130816.html

Coordinación; compartir información entre todos os axentes xudiciais, de seguridade, administrativos... implicados; seguridade; confianza en que o sistema funciona e unha nova figura, a do acompañante, a da persoa que coñece cada detalle, necesidade e a vulnerabilidade de cada vítima e apóiaa e conduce polos diversos recursos sociais, xudiciais e de protección. Son os alicerces nos que se apoiará o novo modelo de atención integral ás vítimas de violencia doméstica que ó longo de toda a mañá desmenuzouse dende os seus antecedentes ata o seu deseño.