O Plan da Muller da Deputación busca a integración entre home e mulleres no mundo rural


http://www.elnortedecastilla.es/soria/201501/29/plan-mujer-diputacion-busca-20150129135430.html


O uso do termo "puta" nunha campaña contra o feminicidio en Quito levanta bochas

http://www.teinteresa.es/mundo/campana-feminicidio-Quito-levanta-ampollas_0_1292871634.html

A última campaña contra o feminicidio en Ecuador espertou a polémica nunha sociedade dividida a favor e en contra da mensaxe de catro valas distribuídas pola capital do país, 'Quito', na que se pode ler: "Se puta é ser libre e dona do meu corpo son puta e que? Non máis cruces rosadas".

Xustiza plantea a custodia compartida para os maltratadores

http://www.farodevigo.es/espana/2015/01/29/justicia-plantea-custodia-compartida-maltratadores/1174427.html

O borrador do Ministerio de Xustiza para regular o exercicio da corresponsabilidade parental propón que o xuíz pode establecer excepcionalmente "un réxime de estancia, relación e comunicación" co seu fillo ao proxenitor que fose condenado por violencia de xenero ou doméstica.

A proposta do Goberno, que o Ministerio está a trasladar a distintos órganos consultivos e asociacións para que emitan a súa opinión, expón que nalgúns casos o xuíz poderá adoptar esta medida "de maneira motivada" se o considera conveniente para a protección do interese superior dos fillos/as, e tras un informe do equipo técnico xudicial.

Comunicado xaneiro 2015 - Rede de Mulleres



As conductas machistas entre adolescentes son Violencia machista

http://www.abc.es/videos-espana/20150128/conductas-machistas-entre-adolescentes-4017886686001.html

O control non o perciben como violencia. Unha trampa na que pode quedar atrapada a muller, así o contan mulleres como Débora, nosa protagonista, que con tan só 17 anos comezou a ser unha muller maltratada. Todo comeza con condutas machistas, por iso faise necesaria a educación emocional nas escolas, non só na adolescencia, senon en todos os niveis educativos.

"Enredate sen machismo" entre as mellores app contra a Violencia de Xénero

http://www.eldiario.es/tenerifeahora/sociedad/Enredate-machismo-valoradas-violencia-genero_0_350665975.html

Esta app convida os mozos a xogar desbloqueando tres niveles de dificultade e obter as medallas de cada nivel a través dunha linguaxe próxima e exemplos da súa vida cotiá.

Deteñen a exparella dunha muller por agresión sexual

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/01/29/capturan-hombre-pantalones-bajados-iba/1174038.html

Os berros de auxilio dunha muller no interior dun local de hostalaría de Ferrol, que estaba pechado ao público e coa persiana baixada, permitiron capturar  a un home que estaba agredindor sexualmente a súa exparella armado cun coitelo. Axentes da Policía Local de Ferrol arrestaron ao home sobre as 5.30 horas do mércores por presuntos delitos de agresión sexual, violencia de xénero e resistencia á autoridade.

Carencias de base fronte a Violencia de Xénero

http://www.larazon.es/detalle_opinion/noticias/8557501/opinion+el-puntazo/carencias-de-base-frente-a-la-violencia-de-genero#.Ttt1Z5giOGcQGPI

Un de cada tres novos considera «comprensible ou xustificables» controlar os horarios, as amizades e as actividades da parella, segundo un estudo sobre «Percepción social da violencia de xénero». En cambio, o 96% do colectivo cre «inaceptable» a violencia física e sexual. A tolerancia ante o control entre os adolescentes distorsiona as relacións e a convivencia e pode ser o xerme de situacións indesexables. Ese 33% de mozos sinálanos que temos un problema de base que é preciso afrontar.

492 mulleres vítimas de Violencia de Xénero recibiron protección policial en Valladolid en 2014

http://www.elnortedecastilla.es/valladolid/201501/28/mujeres-victimas-violencia-genero-20150128171918.html

A aplicación do Sistema de Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero (Viogen) de Valladolid permitiu prestar atención e protección policial a 492 mulleres ao longo de 2014 na capital e provincia. Así se puxo de manifesto este mércores nunha reunión con representantes de seis concellos coordinada polo subdelegado do Goberno, José Antonio Martínez Bermejo. Os municipios de Arroyo de la Encomienda, Lagoa, Peñafiel, Simancas, Tordesillas e Tudela, adheríronse en novembro de 2012 ao protocolo de prevención e vixilancia posto en marcha polo Ministerio do Interior.


Guadalaxara edita unha guía contra a Violencia de Xénero

http://www.abc.es/comunidad-castillalamancha/20150128/abcp-guadalajara-edita-guia-contra-20150128.html

Os e as profesionais sanitarias de Guadalaxara contarán cunha «Guía rápida sobre violencia de xénero» coa que poderán detectar posibles casos de malos tratos e xestionalos de maneira eficaz.