Guía para detectar a neomachistas

O machista de toda a vida, agora se recicla en "neomachista" empregando novas estratexias para ir en contra da igualdade entre mulleres e homes.

Este artigo publicado en el diario.es é moi interesante:

http://www.eldiario.es/zonacritica/Guia-detectar-neomachistas_6_436816359.html

Obradoiros Concellería Igualdade Vigo: Risoterapia e igualdade

A Concellería de Igualdade lembra que está aberto o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros gratuítos que se impartirán na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizaran con anterioridade esta formación

Inscrición previa ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h ou ben a través do tlfno 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00h.


Obradoiro: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA”

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: promover a mellora da saúde física, mental, emocional e social das mulleres a través da risa
Contidos:
- Sentido do humor: aspectos psicofisiolóxicos.
- Que me fai rir: risa activa, risa pasiva.
- Pensar en positivo: as miñas emocións.
- Respiración alegre: ximnasia da risa.

O desenvolvemento do programa constará de 20 horas en total, distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.
Período e horarios:os martes desde o 6 de outubro ata o 15 de decembro, de 10:00 a 12:00 h.

Obradoiro:  “ A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: CLAVES PARA O EMPODERAMENTO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES ”
Dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos: Analizar a orixe e as consecuencias das desigualdades existentes entre homes e mulleres. Definir a autoestima e o atoconcepto, analizando como o xénero inflúe na formación do noso autoconcepto e interfire na autoestima das mulleres. Fomentar a Participación socio-política das mulleres: o empoderamento.
Contidos:

O sistema sexo-xénero e as súas consecuencias.
Autoestima e autoconcepto.
Empoderamento e participación cidadá. Técnicas para falar en público.

O desenvolvemento do programa consta de 20 horas en total, distribuídas en 8 sesións de 2,5 horas de duración cada unha.
Período e horarios: os xoves desde o 8 de outubro ata o 26 de novembro, de 18:00h a 20:30 h.”

Agradecemos a difusión desta información entre as vosas amizades.

Saúdos,

--
Concellería de Igualdade
Concello de Vigo
Tlf. 986 810 284
Fax.986 430 082

www.igualdadevigo.org

Informamos de que a Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa Termalismo: Coidarte


Este programa ten por obxecto fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias. Neles poderán participar persoas pensionistas, solicitantes dun respiro familiar ou persoas nacidas antes de 1965.

Máis información en http://www.depo.es/


É un mito que en España non exista Feminicidio

Aproveitamos para recomendar este libro Feminicidio (Catarata, 2015).

Este libro pretende realizar un marco conceptual sobre o feminicio en Europa e en España. Os asasinatos de mulleres precisan unha categoría lingüística e política- xurídica nova.

Para ler máis: 

http://www.publico.es/sociedad/espana-mata-mujeres-mujeres-mito.html