Saída cultural á Merca, Bande e Celanova




Canle Prioritaria para a retirada de contidos sexuais ou violentos publicados sen consentemento

A Canle Prioritaria da Axencia Española de Protección de Datos para pedir a retirada exprés de contidos sexuais ou violentos gravados ou compartidos sen consentimento da vítima. Dende setembro de 2019 esta canle púxose en marcha en 6 casos bloqueando contidos nas principais páxinas porno e redes sociais, en dous dos casos a vítima era menor de idade.


Se eres vítima dun caso así ou tes coñecemento de que alguén está sufríndoo, pódese solicitar a retirada de videos, fotografías ou audios de contido sexual ou violento nesta ligazón:



Oferta de emprego


Desde a rede de Mulleres publicamos a oferta para o Plan de Emprego 2020 financiado polo Concello de Vigo, polo que abrimos o prazo de recepción de CV ata o 29 de xaneiro.


Anulación de papeletas numeradas entre o 01151 e o 01200

Por motivos alleos á nosa Asociación, as participacións coa numeración entre 01151 e 01200 foron anuladas, polo que non son válidas no caso de que foran premiadas. Tamén queremos advertir, que no caso de que alguén intente vendelas, éstas non teñen validez.
Na seguinte foto podedes comprobar o número da vosa papeleta.
Sentimos as molestias ocasionadas.




Enquisa sobre a situación social e laboral das mulleres con discapacidade

Partillamos o proxecto que está a realizar CEMUDIS sobre a situación social e laboral das mulleres con discapacidade. Agradécese difusión!

Desde CEMUDIS, Confederación Estatal de MUlleres con DIScapacidade, se está levando a cabo un estudo sobre a situación social e laboral das mulleres con discapacidade en Galicia.

O estudo consiste en responder unha enquisa anónima que poden cubrir mulleres con discapacidade con idades comprendidas entre os 16 e 65 años. Anímate a participar e facer visibles as necesidades sociais e laborais das mulleres con discapacidade.

Podedes atopar a enquisa na seguinte ligazón: