VIDEOFÓRUM 28 DE FEBREIRO


        Colectivo convidado: SOMOS DEGENERANDO
    Proxección:    “FÓLLAME” de VIRGINIE DESPENTES

Lugar: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS.
                  Biblioteca Central (joaquín yáñez, 6 – 2º andar)

HORA: 18.00 
para maiores de 18 anos

Unha moza dun barrio marxinal é violada e, despois, durante unha discusión, mata ao seu propio irmán. O seu destino crúzase co doutra muller, tamén marcada por un violento destino: é unha prostituta que matou á súa compañeira de piso. As dúas mozas atópanse por azar na súa fuxida, e deciden aliarse nunha salvaxe viaxe marcada polo sexo e a violencia. A parella asasina sen piedade a todos os homes que se cruzan no seu camiño.
"Escribo dende a fealdade, e para as feas, as vellas, as camioneiras, as fríxidas, as histéricas, as taradas, todas as excluídas do o gran mercado da boa moza. E empezo por aquí para que as cousas queden claras: non me desculpo de nada, nin veño queixarme..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario