CONCENTRACIÓN 26 DE ABRIL NO MUSEO MARCO ÁS 20:00H


Como ven sendo habitual, os últimos xoves de mes, a Rede convoca á concentración que terá lugar o xoves dia 26 de abril ás 20:00 h na rúa do Principe, diante do Museo de Arte Contemporánea “MARCO”.

Xa son 23 víctimas que foron asasinadas no que vai deste ano 2012.
A denuncia pública fará que as persoas se vaian dando conta da barbarie que está a ocurrir neste país, e todas e todos xuntos poidamos facer que cada día a sociedade sexa menos tolerante coas agresións ás mulleres.

Esperamos contar con vos, como ven sendo habitual para a difusión e presenza no acto.

Lerá o comunicado a xornalista Esther López Rodríguez, de Radio Voz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario