CICLO DE CHARLAS
"HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA"
Unha obra conxunta de cinco historiadoras galegas sobre o papel da muller desde a prehistoria ata a actualidade
CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS DE VIGO
Martes, 22 de maio
ás 19:00 horas
|
IDADE MODERNA / OFELIA REY CASTELAO
|
Neste libro dáse unha visión sintética da traxectoria histórica das mulleres que viviron na Galicia dos séculos XVI a XVIII. Na primeira parte expóñense as fontes de información nas que se asenta a investigación hoxe en día e o marco legal que afectaba as mulleres, para logo dar a coñecer cal era o seu papel na vida familiar e económica, as diferenzas sociais entre unhas e outras, o seu acceso á educación e á cultura, ou as súas prácticas relixiosas. Remátase a obra con un repaso xeral a como as galegas eran vistas desde fóra de Galicia ou por parte dos propios galegos, e cun conxunto de textos e referencias bibliográficas que poidan ser útiles ao público lector.
|
Coautora / Relatora:
Ofelia Rey Castelao
Catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario