Achégovos a información sobre o
curso intensivo para falar en público para mulleres que convocamos para
impartir na Libraría de Mulleres Lila de Lilith o 21 de xullo de 2012 Claves para a comunicación oral dende a perspectiva de xénero.
Esta é a terceira edición deste curso na Lila no que vai de 2012.
Nesta ocasión convocamos un obradoiro intensivo, pensando naquelas que non vivides en Compostela e/ou que non dispoñedes de tempo para acudir varias semanas seguidas.
A duración do curso, en horas, é case a mesma que en edicións anteriores, e ademais o feito de dedicarllo un día enteiro axuda moito na concentración e no aproveitando do tempo do que disporemos.
Ao igual que en ocasión anteriores, e ao tratarse dun curso específico para mulleres en dende a perspectiva de xénero, mantemos o noso un acordo con Lilith para ofrecelo a prezo moi reducido, a fin de posibilitar o acceso a todas.
O curso terá lugar o sábado 21 de xullo, de 10:30 a 14:00 e de 16:30h ata rematar, no espazo polivalente de libraría Lila de Lilith, contando cun máximo de 15 alumnas (a inscrición farase por orde de solicitude).
Inclúe todos os materias de traballo e documentación, e o prezo é de 50 euros por alumna.
O tempo de que disporemos e o número de alumnas permitiranos poder afondar nas necesidades de cada alumna, e por tanto non hai nivel de partida: admitiremos dende aquelas que queiran mellorar as súas técnicas dende unha perspectiva profesional ata aquelas que nunca vos enfrontastes a unha audiencia, ou que o facedes, pero pasándoo mal.
Agardo que vos resulte interesante, ben para vós, ben para transmitirllo a mulleres ás que pensades que lles poda interesar. Hai máis información sobre o curso na nosa web (www.visiblecomunicación.eu, na sección "Claves").
Por suposto, estou á vosa disposición no mail e no teléfono para calquera dúbida ou cuestión que teñades ao respecto.
Para inscrición, podedes facelo directamente na Lila de Lilith (rúa Travesa nº 7, Santiago), ou nos mails visible@visiblecomunicacion.es e liladelilith@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario