Normativa
Resolución de 4 de xullo de 2012,
da Dirección General de Migraciones, pola que se convocan subvencións
para programas de retorno voluntario de persoas inmigrantes. (BOE nº 161
do 6/07/2012)
Programas subvencionables:
- Programa de retorno voluntario asistido con especial atención a persoas vulnerables cofinanciado polo fondo europeo para o retorno.
- Programa de retorno voluntario produtivo cofinanciado polo fondo europeo para o retorno.
- Programa de retorno voluntario de atención social.
- Programa de retorno voluntario productivo
Prazo de solicitude: 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación. Ata o 26 de xullo de 2012.
Programa de retorno voluntario de inmigrantes (PREVIE)
O
Programa de Retorno Voluntario está dirixido a persoas estranxeiras con
diferente estatus legal, especialmente inmigrantes que manifestan o
desexo de volver ao seu país de orixe ao atoparse en situación de
precariedade ou en risco de exclusión social.
O
programa lévase a cabo mediante a colaboración do Ministerio de
Traballo e Inmigración (Dirección General de Integración de los
Inmigrantes) con diversas entidades: a Organización Internacional para
as Migracións (OIM) e varias ONGs especializadas. No caso da OIM,
ademáis dos servizos citado, existe un programa especial cunha axuda
económica superior para determinados proxecto produtivos.
Os servizos sociais poderán deferir os casos de retorno directamente á OIM ou ás ONGs colaboradoras elaborando un informe social que terá que resumir a situación social do solicitante e unha valoración dos casos para ser presentados ao programa de Retorno Voluntario.
Os servizos sociais poderán deferir os casos de retorno directamente á OIM ou ás ONGs colaboradoras elaborando un informe social que terá que resumir a situación social do solicitante e unha valoración dos casos para ser presentados ao programa de Retorno Voluntario.
Servizos
O programa de retorno voluntario inclúe os seguintes servizos:
- Información e asesoramento á persoa interesada.
- Billete de retorno internacional ao seu país de orixe, desde o lugar do seu domicilio en España contemplando o pago da estancia, manutención e todas aquelas circunstancias excepcionais que poideran presentarse no tránsito.
- Gastos imprevistos de medicamentos ou outros como acompañamento debidamente xustificados.
- Axuda económica de viaxe de 50 euros por cada membro da unidade familiar.
- Axuda económica para a reintegración no país de orixe que pode ascender a 400 euros por persoa e ata un máximo por unidade familiar de 1.600 euros.
Requisitos necesarios para acollerse ao programa:
- Atoparse en situación de falta de recursos económicos e de vulnerabilidade social por determinadas circunstancias.
- Ter unha permanencia en España non inferior a 6 meses.
- Informe social dos servizos sociais do concello en que resida ou dunha ONG especializada.
- Declaración de voluntariedade da persoa interesada
No hay comentarios:
Publicar un comentario