A ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, confirmou coas súas palabras o que parecía ser un segredo a voces á vista de quen realizaba as declaracións: só o Ministerio de Xustiza, co seu titular, Alberto Ruiz-Gallardón á cabeza, é o único departamento que está elaborando a nova lei do aborto.
A minista Mato di que a lei “modificará a situación das menores que agora deben enfrontarse a
unha situación tan difícil sen o apoio dos seus pais”.
Os
datos demostran, sen embargo, que a maioría de rapazas de 16 e 17 años
que deciden abortar o fan acompañadas dos seus proxenitores. Segundo un
estudo elaborado en 2011 pola Asociación de Clínicas Acreditadas para a Interrupción do Embarazo (ACAI), apenas un 13% (sobre unha mostra
de 1.186 xovenes) alegou razóns como risco de sufrir malos tratos,
pais abertamente contrarios ao aborto provocado ou que vivían noutros
países. Polo tanto, a medida de non estar obrigadas a comunicar esta decisión aos pais é necesaria para determinados casos.
http://www.publico.es/456269/mato-deja-en-manos-de-gallardon-la-reforma-de-la-ley-del-aborto
No hay comentarios:
Publicar un comentario