Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas
de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que
falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias
como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida.
Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites
encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de
outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste
a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo
día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación
que aínda non é quen de nomear.
Aquí tedes o tráiler:
No hay comentarios:
Publicar un comentario