O VINDEIRO MARTES 17 DE SETEMBRO ÁS 20:30 DIANTE DO MARCO: CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A COORDENADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVÓCAVOS A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN DE REPULSA DIANTE DO MARCO EN VIGO POLO ASASINATO DE MARÍA FÁTIMA MACHADO SANTOS.  

María Fátima, de 52 anos, cunha orde de afastamento dende o  pasado mes de agosto, foi asasinada en Verín, pola súa exparella. Con ela sumamos outra muller máis, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario