Actos polo 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero

A Marcha Mundial das Mulleres convócavos a participar nunha acción de denuncia da Violencia Machista o sábado 23 a partir das 18:00 horas, nas inmediacións do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.
Tamén convidarvos a que participedes na manifestación do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero que sairá dende a Farola de Urzáiz as 20:00 horas.


ENLAZAVIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Organiza: Concellería de Igualdade e Consello Municipal da Muller 
Co gallo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo volvemos poñer en marcha a iniciativa Enlaza Vigo, para reflectir o compromiso real do conxunto da cidadanía no combate do terrorismo machista.

Desde o ano 2003, ano no que se comezan a realizar oficialmente estatísticas sobre a Violencia de xénero, ata o día de hoxe, máis de 702 mulleres foron asasinadas, só en España, a mans das súas parellas ou exparellas (fonte: Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade).

Tralo éxito de participación acadado nas pasadas edicións, Vigo volverá, o luns 25 de novembro, a condenar na rúa a violencia de xénero e cantas actitudes e comportamentos machistas encerra, coa formación dun gran tapiz humano.


ACTIVIDADES:

.- Exposición colectiva contra a Violencia de Xénero realizada polo alumnado de secundaria de 29 centros de ensino da cidade.

Rúa do Príncipe, diante do MARCO
As persoas que estean interesadas poden visitar esta mostra que reflicte o compromiso do estudiantado da cidade na loita contra a violencia que se exerce sobre as mulleres desdeo día 21 ao 27 de novembro, de xeito ininterrumpido de 10:00 a 20:00h.

.- Creación dun tapiz humano contra a violencia de xénero
Luns, 25 de novembro ás 12.00. Punto de encontro: farola de Urzáiz

O tramo da rúa Urzáiz comprendido entre a Farola e a rúa República Arxentina será o escenario, o vindeiro luns 25 de novembro, da formación dun gran tapiz humano.

Para participar na formación do tapiz convidouse aos institutos de secundaria da cidade e teñen confirmada a presencia 22 institutos e máis de 1500 alumnos e alumnas.
Desde a chegada do alumnado ao punto de encontro (10,30h) ata a formación do tapiz (12,00h) participarán dun xeito activo en diversas actividades lúdicas e reivindicativas que reflicten as distintas expresións artísticas e deportivas que practica a mocidade: exhibicións de malabares, parkour, breakdance, baile moderno e regueifas-rap, ademais de visitar a exposición colectiva.

A organización convida a todas a cidadanía a participar nos actos desta campaña: visitando a exposición e/ou sumándose á participación do alumnado acudindo o luns, 25 de novembro pola mañá á formación do tapiz humano.


Folleto co programa en arquivo adxunto

Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos a súa difusión entre os vosos contactos


Obtén mais información e segue as nosas novas en: www.enlazavigo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario