As mulleres contra os recortes e a privatización na Sanidade Pública
Porque atentan contra a
universalidade, accesibilidade e equidade.
Porque deixan fóra persoas inmigrantes
e maiores de 26 anos que non teñan cotizado.
Porque reduce os servizos na
sanidade e introduce o copago.
Porque privatiza a xestión nos
Hospitais e Atención Primaria, encarecendo o servizo e empeorando a súa
calidade.
Porque os recortes nos servizos
afectarán especialmente às mulleres.
Porque se abandonou o Programa de
Saúde da Muller na Galiza.
Porque supón para as mulleres
unha perda na calidade asistencial e un grave retroceso para os nosos dereitos
sexuais e reprodutivos.
Todo isto responde a unha estratexia ideolóxica reaccionaria que supón unha
perda de soberanía para as mulleres sobre os nosos corpos que nos leva aos anos
60.
Para por en marcha esta estratexia apóianse na ausencia de educación
afectiva e sexual en todos os niveis do ensino, no desmantelamento progresivo
de servizos como os COF públicos, na creación de COF privados e relacionados
coa igrexa católica, na eliminación da carteira de algúns métodos
anticonceptivos, no abandono do Programa de Saúde da Muller na Galiza, no feche
de 44 camas de Xinecoloxía no Hospital Xeral, e na anunciada contrarreforma da
lei do Aborto.
O certo é que ningunha lei vai supor unha redución
no número de abortos. Unha muller que ten decidido abortar vaino facer, con lei
ou sen ela, en condicións sanitarias óptimas, que é o que esiximos, ou en
condicións na que a súa vida corra perigo. O que vai conseguir Gallardón coa
súa contrarreforma é que aumenten os abortos clandestinos e que as mulleres
teñan secuelas importantes de saúde chegando mesmo à morte. Cada ano morren 70
mil mulleres no mundo por abortos clandestinos.
Na Galiza, a IVE na rede sanitaria pública non está garantida: na maioría
dos hospitais as mulleres que desexan abortar son derivadas à privada, como nos
casos da Coruña e Lugo. En Vigo patícanse na pública só os abortos por
malformacións ou doenzas da nai, e en Ourense a sanidade pública asume 90% dos
casos.
Por
todo iso, desde a Plataforma polo Dereito ao Aborto esiximos:
-
A integración da educación
afectiva e sexual en todos os niveis do ensino.
-
Que a violencia contra as
mulleres sexa considerada unha cuestión de saúde pública, sobre todo na
Atención Primaria.
-
A permanencia dos COF como
centros integrais e de carácter público.
-
aceso a métodos
anticonceptivos e financiados pola Seguridade Social
- aceso a
todas as mulleres, sen discriminación por opción sexual ou por non ter
compañeiro, a tratamentos de reprodución asistida na Sanidade pública.
- Aborto
libre e gratuíto na rede sanitaria pública e sen obxección de consciencia. O
dereito das mulleres a decidir se queremos ser nais, e en caso afirmativo,
cando queremos ser nais, é unha cuestión fundamental de democracia para todas
as mulleres
Facemos un chamamento a participar na manifestación
pola Defensa da Sanidade Pública que sairá do Hospital Xeral o martes 10 de decembro às 20h.
As
mulleres que formamos parte da Plataforma polo Dereito ao Aborto quedamos às
19:45h na porta do Hospital de Día para facer un grupo propio.
Plataforma
Galega polo Dereito ao Aborto
Galiza,
10 de decembro de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario