Colectivos e mulleres doutras cidades están a levar a cabo
un acto simbólico de rexistro do seu corpo na "Oficina de Rexistro de
Propiedade Mercantil de Bens e Inmobles".
A iniciativa xurdiu a través da artista madrileña Yolanda
Domínguez. Para máis información da "Convocatoria de participación de
acción colectiva: Rexistro", tedes o enlace da súa páxina web:
http://www.yolandadominguez.com/en/
A través das redes sociais, un grupo de mulleres tomou a
iniciativa de organizar e lanzar unha convocatoria aberta a toda muller que
quixera participar deste acto, previsto para este xoves 27 de Febreiro, hora de
quedada, ás 15h diante da "Oficina de Rexistro de Propiedade Mercantil de
Bens e Inmobles de Vigo" (R/ Luís Taboada, nº 15).
No hay comentarios:
Publicar un comentario