Normativa:
- Decreto 84/2012 do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.(DOG nº 44 do 02/03/2012)
- Orde do 28 de febreiro de 2014 pola que se regula o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2014. (DOG nº 45 do 6/03/2014)
Obxecto:
Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)
Persoas destinatarias:
- Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
- Galegos e galegas residentes no exterior.
Tipos de servizo:
- Servizo de residencia: aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada.
- Servizos para non residentes: Poderán gozar do servizo de comedor os familiares e amigos dos residentes que visiten a instalación segundo as normas de provisión de prazas que determine o/a director/a de cada residencia e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.
Documentación:
- Solicitude| Presentación electrónica na sede. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante, so no caso de non dar o consentimento expreso na solicitude para que a Consellería de Traballo e Benestar comprobe telemáticamente os seus datos de identidade.
- Acreditación da discapacidade, de ser o caso (de non ser expedida pola C.A de Galicia)
- no caso de solicitantes da quenda de familias numerosas: fotocopia do libro de familia (de non ser expedido ou renovado pola C.A. de Galicia)
- No caso de persoas solicitantes da quenda de familias acolledoras: copia da resolución administrativa de acollemento (de tratarse dun acollemento formalizado por outra comunidade autónoma).
Lugar de presentación:
As solicitudes de estadías na residencia de tempo libre de Panxón presentaranse no rexistro do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo (rúa Concepción Arenal nº 8, 36201 Vigo) e as solicitudes de estadías na residencia de tempo libre do Carballiño presentaranse no rexistro do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense (avda. da Habana nº 79, 32004 Ourense)
Tramitación electrónica: https://sede.xunta.es
Prazo de presentación:
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da Orde. Ata o 7 de abril de 2014 (por ser o día 6 inhábil)
Pagamento do prezo da estadía.
As persoas beneficiarias realizarán, no prazo de dez días desde a recepción da confirmación da reserva por parte da residencia, un depósito de 30 € por cuarto en concepto da dita reserva, e outro depósito, 30 días antes do inicio da quenda adxudicada.
A primeira quenda do mes de agosto en ambas as dúas residencias queda reservada ás familias que acrediten a súa condición de numerosas; estas poderán, non obstante, solicitar calquera outra das datas que se recollen no anexo II. A adxudicación desta quenda farase igualmente por sorteo de datas, e as sobrantes serán incluídas, de ser o caso, no procedemento xeral de adxudicación. As familias numerosas que se presenten ao resto das quendas entrarán no sorteo xeral e non terán preferencia ningunha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario