Obradoiro: “ XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE”

A Concellería de Igualdade ten aberto o prazo de inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na Casa as Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.

Inscrición previa , na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30 h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 horas.

Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20.



Dirixido a mulleres e homes maiores de 18 anos.

Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

Datas: mércores 23 e venres 25 de abril

O desenvolvemento do programa constará de 6 horas en total, distribuídas en 2 sesiones de 3 horas de duración cada unha.



Horario: 18:00 a 21:00 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario