A Cordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres de Vigo
convídavos á acción conmemorativa do 28 de MAIO que consistirá na elaboración
dun maio reivindicativo dos nosos dereitos sexuais e reprodutivos na rúa
lateral ao MARCO a partir das 17 horas.
As mulleres da Marcha Mundial das Mulheres estamos en loita
pola nosa autonomía, noso direito a vivir libremente a nosa sexualidade e por
unha transformación radical da sociedade
Imos mudar o mundo e mudar a vida das mulleres
Somos mulleres e non mercadoria !!
Mulleres e nenas sufren según o contexto cultural,
relixioso, económico, político existente onde lles toque nacer: mutilacións
xenitais, casamentos forzados, trafico de persoas, escravitude sexual,
violacións por parte do conxuge, lapidación por ter relacións sexuais fora do
matrimonio, obriga de casarse co seu violador, condena a prisión para aquelas
mulleres que decidan abortar se sobreviven a un aborto clandestino, repudio de
viuvas por consideralas que traen mala xorte, mulleres e nenas utilizadas como
arma de guerra coa intención de repudiar e destruir ao grupo ao cal pertence ou
facer unha limpeza étnica, a homosexualidade condenada a pena de morte,
negación ao dereito a uso de anticonceptivos....e moitas máis situacións que se
dan en contra do noso dereito a ter unha sexualidade sá, libre, sen coaccións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario