Como ven sendo habitual,
a asociación Rede de Mulleres Veciñais
contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o
vindeiro xoves día 29 de maio ás 20:00 h na Rúa Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia
machista en todas as súas manifestacións.
Dende a Rede seguimos a denunciar a morte das mulleres, que no que vai de
ano xa son 34.
Nesta ocasión contaremos coa presencia do actor Manuel Botana do grupo, Fulano,
Mengano e Citano que leerá o comunicado en mostra de
solidariedade coas mulleres que sofren a máis despiadada manifestación do
machismo, a violencia de xénero.
Agardamos contar con todas e todos vós, para que
se escoite a voz de todos os sectores sociais contra a lacra intolerable da
violencia contra as mulleres.
Agradeceríamos
a súa difusión e asistencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario