Un seminario antiabortista no Congreso dos Diputados/as

Participarán unha trintena de parlamentarios (de até 15 países diferentes: Arxentina, Armenia, Chile, Ecuador, O Salvador, Eslovaquia, Francia, Macedonia, Hungría, Italia, Méjico, Polonia, Portugal, Reino Unido e República Checa) que apoian a reforma da lei do aborto do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón. Un seminario que se desenvolverá no Congreso dos Deputados e que desexa finalizar coa elaboración dun documento a favor da vida e da protección xurídica do "?nasciturus"

O actual ministro de Xustiza non contou en ningún momento coa opinión do Consello Estatal de Participación das Mulleres composto por 13 representantes das Administracións públicas, 20 de asociacións de mulleres, 4 representantes de organizacións empresariais e sindicais e 3 persoas expertas en igualdade- para coñecer a súa opinión sobre o cambio de lei do aborto.

Dende a Rede queremos convocar a toda a cidadanía a coñecer á  nova lei e defender a autonomía para decidir das mulleres.
Continuamos na loita. Polo dereito das mulleres a decidirmos sobre os nosos corpos!!!
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/



http://www.eldiario.es/sociedad/Congreso-acogera-proxima-seminario-internacional_0_275073324.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario