Nova App sobre violencia de xénero






"LIBRES"é unha aplicación para teléfonos móbiles (sistemas operativos IOS e Android) dirixida principalmente a mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero e a calquera persoa que detecte no seu entorno unha posible situación de malos tratos.

A través dun menú principal composto por seis apartados, a persoa que se descargue "LIBRES" pode:

    - Tomar conciencia da súa situación como vítima de violencia de xénero.
    - Informarse acerca dos pasos a seguir ante unha situación de violencia de xénero.
    - Coñecer os recursos telefónicos e presenciais que están ao seu alcance para asesorarse e denunciar
    - Coñecer as medidas de autoprotección que pode e debe tomar para salvagardar a súa seguridade e a dos seus fillo e, finalmente, pode sentir que toda a sociedade está ao seu lado, que outras mulleres pasaron pola súa mesma situación e conseguiron saír e comezar unha nova vida afastada da violencia, tal e como pon de manifesto os seguintes testemuñais:

 https://www.msssi.gob.es/ssi/violenciaGenero/Sensibilizacion/AplicacionLibres/home.htm

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario