Obradoiros na Casa das Mulleres

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na Casa as Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.
Inscrición previa desde o día 12 de setembro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .
Máis información: www.igualdadevigo.org

Obradoiro: “ LIDERADO FEMININO A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: mellorar a capacidade do liderado feminino a través dunha comunicación eficaz.
Contidos:
Perder o medo a falar en público.
Aprender a comunicar con éxito, aproveitando as nosas habilidades e adquirindo outras novas.
Falar para convencer.
Coñecer o noso potencial e sacarlle o mellor partido: a voz, a imaxe, as capacidades emotivo-comunicativas, a capacidade de empatía e escoita.
Exercer o liderado dede nós mesmas.
Crear sororidade.
Identificar os liderados masculinos e femininos na nosa contorna.
Ver a sociedade da información coas lentes violetas.

O desenvolvemento do programa constará de 15 horas en total, distribuídas en 6 sesións de 2,5 horas de duración cada unha.
Periodo e horario: os martes desde o 30 de setembro ata o 4 de novembro de 18:00h a 20:30 h.

Obradoiro: “ UNHA VIAXE COAS PINTORAS DAS VANGARDAS ”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos:
Viaxar a través do tempo co fin de ampliar os nosos coñecementos artísticos e culturais enfocando o tema dasVangardas Europeas dun xeito persoal e íntimo.
Empregar os medios plásticos como ferramenta para sacar eses sentimentos agochados e a vangarda proposta á visualización externa.
Explicar o papel da muller neste contexto e o seu valor artístico na historia das vangardas.
O desenvolvemento do programa consta de 36 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración cada unha.

Periodo e horario: os mércores desde o 1 de outubro ata o 17 de decembro de 18:00h a 21:00 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario