Normativa:
Bases para participar no programa diúrno de carácter lúdico de balnearios
"Coidarte 2014". (BOP nº 104 do 2/05/2014)
Anuncio da Deputación de Pontevedra en relación á apertura dun novo prazo
para participar no programa coidarte do ano 2014. (BOPO nº 209
do 29/10/2014)
O novo
prazo de presentación de solicitudes: Desde
o 30 de outubro ata o 30 de novembro de 2014.
Obxecto:
Fomentar o envellecemento activo e
mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e
favorecendo a participación en actividades que favorezan o seu estado anímico,
potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo
espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia,
evitando o illamento e as situacións de soidade.
Ó programa poderán adherirse os concellos da provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas.
Ó programa poderán adherirse os concellos da provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas.
Características do programa:
O Programa consiste en pasar cinco
tardes seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia
de Pontevedra. Este levarase a cabo nunha soa campaña e as saídas realizaranse
ao longo de todo o ano, agás no mes de agosto.
Cada semana de ámbolas dúas campañas
sairá un autobús con cartel identificativo que recollerá ás persoas
beneficiarias e os trasladará aos balnearios elixidos, onde permanecerán por
unha media de dúas horas.
O/A guía repartirá repartirá o primeiro
día un bono de viaxe coa data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar
por cada participante.
Persoas beneficiarias requisitos:
a.
Persoas nacidas antes de 1964
(acreditación con DNI).
b.
Persoas xubiladas e pensionistas que
acheguen unha fotocopia do certificado da pensión.
c.
Persoas que, sen cumprir os perfís
anteriores, precisen dun respiro familiar, o que deberán acreditar mediante un
informe da traballadora ou traballador social do concello.
É requisito indispensable non padecer enfermidade
ningunha ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como ser
totalmente autónomo.
Financiamento:
O programa é cofinanciado pola Deputación Provincial,
os concellos adheridos e as persoas usuarias.
·
A Deputación achegará por cada praza 35
€.
·
O concello adherido achegará 10 €
·
A persoa usuarioa aboará a cantidade
resultante de descontar a subvención da Deputación e do seu concello (de estar
este adherido) do prezo do balneario escollido. Estes prezos serán publicados
na web da Deputación.
Documentación:
Para a adhesión ao programa dos
concellos:
Todos os concellos da provincia de
Pontevedra poderán sumarse ó programa mediante un acordo de adhesión adoptado
polo órgano competente, remitindo unha certificación expedida polo secretario
do dentro dos 20 días naturais seguintes á publicación das bases no BOPPO (ata
o 23 de xuño por ser o 22 inhábil).
·
Certificación do acordo de adhesión ao
Programa facendo constar o nº de prazas a subvencionar polo concello e a
existencia de crédito suficiente nas respectivas aplicacións dos orzamentos
municipais para facer fronte ás obrigas do contrato, así como as semanas de
preferencia para o desenvolvemento da actividade (débense sinalar catro semanas
por orde de preferencia).
Das persoas participantes:
·
Solicitude
·
Fotocopia de DNI.
Novo prazo de inscrición: Ata o 30 de novembro de 2014.
Dos concellos adheridos
·
Unha relación nominal (en formato Excel
ou Access) dos solicitantes, con todos os campos da folla de solicitude,
seguindo o rexistro de entrada. Este documento remitirase ó Servizo de Servizos
Sociais da Deputación de Pontevedra por correo electrónico (servizos.sociais@depo.es).
·
Os orixinais das solicitudes presentadas
no concello coa documentación requirida.
Lugar de presentación:
- Sede de Pontevedra: avda. Montero
Ríos, s/n (de luns a sábado)
- Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres)
- Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres)
No hay comentarios:
Publicar un comentario