Violencia de Xénero

http://www.lavoz.com.ar/ciudadanos/alivio-tras-la-aparicion-de-mujer-victima-de-violencia

O luns pasado, a muller, que está embarazada de oito meses, tivera un altercado cun home ao que lle alugaba unha habitación. Levaba consigo o botón antipánico que lle forneceron por unha denuncia previa contra a súa exparella, e activouno. A Policía chegou ao lugar, na rúa Nicolás Avellaneda de barrio Alta Córdoba, e trasladou á muller até dependencias da Dirección de Violencia Familiar. O martes formalizouse a denuncia e ese mesmo día a muller desapareceu e non deu máis signos de vida ata onte, en que volveu á súa casa dunha amiga.


No hay comentarios:

Publicar un comentario