O CIM de Moaña rexistrou 800 consultas en 2014, 87 delas por violencia machista

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/01/15/cim-moana-registro-800-consultas/1165572.html

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Moaña finalizou a súa memoria do ano 2014, na que se reflicte que as responsables atenderon a un total de 801 consultas. A maior parte das mulleres acudiron para recibir atención psicolóxica, pois a psicóloga do CIM encargouse de 419 consultas. Os servizos máis requiridos adoitan estar relacionados con casos de baixa autoestima, sensación de soidade, sentimento de culpa ou resistencia a aceptar unha ruptura sentimental.

No hay comentarios:

Publicar un comentario