Sí, é machismo...

http://blogs.20minutos.es/mas-de-la-mitad/2015/01/28/si-es-machismo/

En primeriro lugar un  xornalista deportivo pediulle a dúas xogadoras de tenis, ás que entrevista despois de gañar senllos partidos, que se dean unha volta para que todos vexan ben o seu vestido, e por tanto o seu corpo. Foi o fin de semana pasado, no Open de Australia de Tenis. É só unha anécdota, ao parecer, que unha xogadora de máximo nivel mundial sexa considerada antes un corpo e un espectáculo que unha profesional do deporte que acaba de conseguir un gran resultado. Ninguén lle dá moita importancia a que un xornalista deportivo pense que é o corpo das xogadoras o que interesa ao público que segue desde todo o mundo un torneo de primeiro nivel. Non ten gran importancia, pero como dixo Serena Williams: fíxolle a mesma petición a Nadal, a Federer, a Djokovic...Non, non lla fixo. Pois entón, si, é machismo.

En  segundo lugar unha concursante -tamén coñecida por algúns como "princesa do pobo" dun programa de telerrealidade presuntamente "vip" opina sen ningún empacho que por que van os homes a fregar habendo alí mulleres. Non é que a opinante sexa un referente moral de gran altura para a sociedade española, pero as súas opinións teñen unha gran capacidade de difusión. E si, opinar que as mulleres son máis idóneas que os homes para realizar as tarefas de fregado é unha idea bastante estendida. Pero si, é machismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario