COMUNICADO DA REDE DE MULLERES NOVO CASO DE FEMINICIDIO: UN NENO DE 10 ANOS ASASINADO POLO SEU PAI



O pasado día 25 de xullo en Beniel (Murcia) un home, con antecedentes por violencia de xénero e que quebrantara fai só un mes unha orde de afastamento contra a súa ex-parella, aproveitou o réxime de visitas para asasinar ao fillo que tiñan en común, para despois suicidarse. As alarmas saltaron cando a nai chamou a policía xa que o proxenitor non entregara ao neno, cando os axentes entraron no domicilio atoparon o corpo do menor e ao home aforcado noutra habitación. Cal foi a súa motivación? Exercer o maior dano posible a súa nai, arrebatándolle ao seu único fillo, vítimas ambas da violencia machista.
A familia do presunto parricida xa afirmara que tiña tendencias suicidas, pero non só iso, tiña antecedentes por violencia machista e quebrantara a orde de afastamento. Preguntámonos, ata cando? Cando este sistema de xustiza inxusta vai entender que un maltratador non pode ser un bo pai? A cantas crianzas se lles está poñendo en risco tódolos días ao deixalos quedar cos seus pais maltratadores sen ningún tipo de medida de seguridade?
No que levamos de 2019 tres menores morreron por culpa da violencia de xénero, dous deles a mans do seus pais. Segundo datos oficiais do Observatorio de Violencia de xénero 26 son os menores asasinados pola violencia de xénero. As crianzas son as vítimas máis invisibilizadas desta violencia e as máis desprotexidas, a pesar de que a nosa lexislación diga que os e as menores que presencian a violencia que sofren as súas nais tamén son vítimas de violencia de xénero non son protexidas axeitadamente. Cando se decreta unha orde de afastamento para protexer ás mulleres poucas veces  esténdese ás crianzas, vítimas tamén, senón que ademais teñen que seguir un réxime de visitas co maltratador, na maioría dos casos obrigados, polo que a violencia non cesa e ademais son usados  como ferramenta para seguir exercendo violencia contra a súa nai. As crianzas non son escoitadas nin tidas en conta cando din que teñen medo e non quere ir cos seus pais, e as súas nais son cuestionadas e acusadas de manipuladoras.  47
Esta situación incumpre claramente os dereitos humanos dos e das menores. Non podemos seguir permitindo que primen máis os dereitos dos maltratadores que a protección das crianzas. Tanto as normas estatais como as internacionais establecen coma un dos seus valores fundamentais o Interese Superior do/a Menor, como imos garantir os seus dereitos se lles está expoñendo de cotío a graves traumas psicolóxicos e físicos ao seren obrigados a ver aos seus pais maltratadores?
Dende a Rede de Mulleres seguimos reiterando que un maltratador non pode ser un bo pai. Esiximos que se protexa ás crianzas dos seus agresores con medidas que xa temos, como a suspensión das visitas ou a retirada da garda e custodia e patria potestade, e a implantación doutras nas que o principal sexa garantir o dereito a vivir en paz das crianzas e as súas nais.

1 comentario:

  1. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    An Thái Sơn với website anthaison.vn chuyên sản phẩm máy đưa võng hay máy đưa võng tự động tốt cho bé là địa chỉ bán máy đưa võng giá rẻ tại TP.HCM và giúp bạn tìm máy đưa võng loại nào tốt hiện nay.

    ResponderEliminar