"As mozas aprenden a igualdade no colexio; o mundo laboral é outra cousa"


A xeración máis nova [de 18 a 30 anos] vive unha certa naturalización da igualdade pero, cando pasa a etapa formativa, atópase cos primeiros teitos de cristal no mercado laboral”.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/01/paisvasco/1372674185_811948.html

Rajoy desautoriza a Gallardón e apraza 'sine die' a reforma da lei do aborto

Alberto Ruiz-Gallardón quedouse só no Executivo coa súa pretensión de reforma -ata a ministra de Sanidade, Ana Mato, asegurou que era un asunto que deixaba en mans do seu compañeiro- e andivo dando bandazos entre o que faría e o que non, en función das presións que recibise cada día.

A maior delas foi a da Conferencia Episcopal Española (CEE), cuxo presidente, Antonio María Rouco Varela, recordoulle fai uns días que acelerase esta reforma e deixase de permitir que a actual lei cercenase tantas vidas ao día. En realidade, Rouco pedía a abolición plena desta lei. 


http://www.publico.es/458274/rajoy-desautoriza-a-gallardon-y-aplaza-sine-die-la-reforma-de-la-ley-del-aborto

O feminismo contraataca na rede

 Este é o manifesto co que a páxina de Facebook Memes Feministas daba o pistoletazo de saída para responder os ataques machistas que teñen lugar na rede. Cun humor satírico e provocador arremeten contra clichés e falsas crenzas que viran en torno ao feminismo, deixando ben claro que son "combativas, non pedagogas".

Recibimos ataques case a diario. De "machirulos" de todos os sitios e estilos -desde o respecto, "buenistas", agresivos, clásicos, forococheros, machofachos, machistas-leninistas...- e tamén de machirulas, por suposto", denuncian de forma moi cualificativa as administradoras de Memes Femnistas.


http://praza.com/movementos-sociais/4933/o-feminismo-contraataca-na-rede/

Crece o número de nenas embarazadas en Guatemala

http://internacional.elpais.com/internacional/2013/07/02/actualidad/1372725126_317744.html

Retirado o vídeo promocional da cereixa do Jerte polo seu "contido sexista"


O anuncio da picota do Jerte, de novo, volve a empregar os peitos, as bocas das mulleres para vender.  Picoteando Films: Verdades como puños, presenta frases como O tamaño sí importa, xunto a imaxes de mulleres ensinando peitos. Tamén a masculinidade aparece claramente estereotipada.
Debido as queixas polo seu contido sexista, retirouse o video da súa web. 

Lembramos que a lei de publicidade "prohíbe todo anuncio que atente contra a dignidade da persoa ou vulnere os valores ou dereitos recoñecidos na Constitución, especialmente  no que se refire á infancia, a xuventude e á muller".

Sen embargo, todos os días estamos vendo anuncios, vallas pubricitarias que usan imaxes de corpos de mulleres como reclamo para vender cereixas, coches, viaxes ao Caribe, e un longo etcétera; sen ter en conta que o feito de tratarnos como obxectos sexuais é degradante. Chegado este punto, só nos queda dicir que non queremos ser obxectos sexuais para vender mercancías, somos donas do noso corpo.

Este tipo de imaxes, ademáis de degradarnos a nós, é unha pésima educación para as novas xeracións.


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/01/actualidad/1372694995_151110.html


Concentración da Rede do día 27 xuño





Aquí tedes o vídeo da concentración da concentración mensual da Rede. Agradecemos a Sheila Fariña pola súa fermosa actuación de danza e a Roberto Solano pola grabación do video.

Grazas a tódalas persoas pola vosa participación!

http://www.youtube.com/watch?v=NcG5nHyJv7Q