Díxomo a policía: "se me quere matar, vaime matar"
O peor non é recuperarse das puñaladas. O peor chega despois, cando saes do hospital e te deixan soa en casa, nunha cadeira de rodas e con dúas fillas de 12 e 15 anos. Ahí te das de conta de que o pesadelo non fixo máis que comezar”, lembra
Converteuse en protagonista dun documental sobre violencia de xénero, La maleta de Marta, dirixido polo austriaco Günter Schwaiger.
A cara descuberta, sen medo, a pesar de que vive oculta dende 2007, cando o seu exmarido comezou a desfrutar de permisos penitenciarios e foi buscala nada máis sair da cárcere. “O medo téñoo saia ou non saia na película. Díxomo a policía: se me quiere matar, vaime matar”.
Como sociedade, debemos reflexionar na protección das mulleres. Na inxustiza que significa que elas, logo de pasar un pesadelo, teñan que seguir pasando medo e que a policía especializada siga dicindo cousas como a que lle dixeron a Marta.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/16/actualidad/1379365727_474328.html
O VINDEIRO MARTES 17 DE SETEMBRO ÁS 20:30 DIANTE DO MARCO: CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A COORDENADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVÓCAVOS A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN DE REPULSA DIANTE DO MARCO EN VIGO POLO ASASINATO DE MARÍA FÁTIMA MACHADO SANTOS.
María Fátima, de 52 anos, cunha orde de afastamento dende o pasado mes de agosto, foi asasinada en Verín, pola súa exparella. Con ela sumamos outra muller máis, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

As rapazas de ouro invisibles
A pesar do éxito das deportistas españolas, as competicións entre mulleres apenas teñen presenza nos medios. A discriminación ao deporte feminino foi asunto a tratar dende o 92 no Congreso, onde se esixe a TVE unha retransmisión igualitaria
http://www.publico.es/468164/las-chicas-de-oro-invisibles
"A igualdade necesita un cambio de valores", di a Directora de Emakunde
De casi 5.000 vítimas de violencia de xénero o ano pasado no País Vasco, 2 faleceron. A pesar dos avances sociais, a directora de Emakunde, Izaskun Landaida, que leva 10 meses no cargo, admite que queda moito por facer, sobre todo empapando a cada vez máis colectivos na loita contra a violencia de xénero para que a resposta sexa cada vez máis individual e menos institucional. Durante as festas das tres capitais vascas se puxeron en marcha redes contra as agresións.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/09/14/paisvasco/1379180372_333903.html
Detido un violador que elixía as mulleres no metro de Madrid
A violencia sexual, outra das caras da violencia de xénero. As mulleres non somos obxectos sexuais.
Un home de 41 anos foi detido por varios delitos de violación. Segundo a investigación, seleccionaba as súas vítimas, mulleres, apoiado na barandilla dunha estación de metro de Madrid, seguíaas ata ao exterior onde as abordaba e as agredía sexualmente.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/09/13/madrid/1379058701_383626.html

A Universidade premia con tres mil euros unha guía sobre o funcionamento do clítoris
O noso obxetivo é visibilizar a
sexualidade feminina, o seu órgano de pracer e a masturbación. Hai moito
descoñecemento e tabúes incluso entre o alumnado universitario",
destaca Iolanda Rodríguez. O traballo aborda cuestións como a historia
médica e social deste órgano e se apoia en ilustracións de M.
Elizabeth Rodríguez.
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/09/13/universidad-premia-tres-mil-euros/876760.html
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/09/13/universidad-premia-tres-mil-euros/876760.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)